Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1998, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de xestión e eliminación de residuos sanitarios específicos deste complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 87/1998).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago. Hospital Xeral, rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 36, fax: 981 54 01 49.

2. Categoría do servicio e descrición: servicio de xestión e eliminación de residuos sanitarios específicos correspondentes ó Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Importe: 42.452.160 pesetas (corenta e dous millóns catrocentas cincuenta e dúas mil cento sesenta pesetas) IVE incluído.

Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

3. Lugar de execución: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

4. a) Posibilidade de que, conforme a normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reser

ve a prestación do servicio a unha determinada profesión: ver pregos de prescricións técnicas.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa: ver pregos de prescricións técnicas.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: ver pregos de prescricións técnicas.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: licitación á totalidade do servicio.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: admitiranse as ofertas que, sen supera-lo orzamento máximo, melloren as condicións técnicas esixidas.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: un ano, desde o 1 de outubro de 1998 ou data da sinatura do contrato, se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos que recolle o artigo 199 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Contratación Administrativa. Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n 15705 Santiago. Teléfono: 981 54 05 39. Fax: 981 54 01 49.

b) Data límite de recepción de ofertas: 13-10-1998.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia a partir das 10 horas do día 26-10-1998.

10. Garantías esixidas:

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Consituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: mensual por mensualidades vencidas, na forma que establece o punto 5.3º do prego de prescricións técnicas.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen no prego

de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

14. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia:

Prezo: ata 40 puntos.

Sistema de xestión: ata 40 puntos.

Sistema e control de calidade: ata 20 puntos.

16. Información complementaria: calquera outra información solicitaráselle ó servicio que figura no punto 1.

17. Data de envío do anuncio: 20-8-1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1998.

María Codesido López

Xerente xeral en funcións

7978