Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento negociado con publicidade e tramitación de urxencia, para a contratación do proxecto de execución e obra de construcción de 24 vivendas, garaxes e rochos en Cee, provincia da Coruña. (Expediente C-98/030).

1. Obxecto: proxecto de execución e obra de construcción de 24 vivendas, garaxes e rochos en Cee. A Coruña. Expediente: C-98/030.

Orzamento: cento oitenta e un millóns duascentas oitenta e cinco mil oitocentas cincuenta e seis (181.285.856) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: grupo A; subgrupo 1; categoría d.

Grupo C; subgrupos 2, 4 e 9; categoría d.

Garantía provisional: dispensada de conformidade co artigo 36.2º da LCAP.

Garantía definitiva: sete millóns duascentas cincuenta e unha mil catrocentas trinta e catro (7.251.434) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán en cada contrato estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do décimo (10) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, a partir das dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma

hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax 981 54 19 02 no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio aboarao o adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

7977