Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 28 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben por que intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00012-I-98).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00012-I-98.

Matrícula: VI-6560-T.

Denunciante: LE9OR0033289433.

Denunciado: F. Sáenz Urturi Marañón.

Último enderezo coñecido: Simón Bolivar, 7-3º 13, Vitoria-Gasteiz, (Álava).

Feito denunciado: con data de rexistro de saída do 25 de novembro de 1997, foi requirido para que, no prazo de 10 días, remitise a esta subdirección xeral de inspección copia compulsada da factura por Vde. emitida correspondente ó trasporte realizado polo vehículo da súa propiedade VI-6560-T o día 19 de novembro de 1997, que segundo o correspondente xustificante de recepción tivo lugar o día

4 de decembro de 1997. Transcorrido o prazo sinalado non se recibiu a citada documentación.

Precepto infrinxido: artigo 33 da Lei 16/1987 do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182 do 31) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro. Regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro).

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 250.000 ptas.

8076