Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.082

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso de méritos da praza 36/1998 do corpo de profesores titulares de escola universitaria convocada por Resolución do 2 de abril de 1998.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, sobre o procedemento para a designación dos membros que compoñen as comisións que teñen que xulga-los concursos de méritos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, e consonte o establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño,

Este rectorado resolveu, logo de informe da Xunta de Goberno da Universidade, na súa sesión do 16 de marzo de 1998, nomea-la comisión titular e suplente que ten que xulga-lo concurso de méritos convocado mediante Resolución do 2 de abril de 1998 (BOE do 29) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade de Vigo, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 20 de agosto de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 36/1998.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria. Área de coñecemento: enxeñería cartográfica, xeodésica e fotogrametría.

Comisión titular:

Presidente: José Mª. Lanaja del Busto, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: José Antonio Pardiñas García, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais: Argimiro Viñas Vizán, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Rafael García Rodríguez, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Ignacio de Zabala Morencos, profesor titular de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Rafael Ferrer Torío, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Vocal secretaria: Ruperta Delgado Tercero, profesora titular de escola universitaria. Universidade do País Vasco.

Vocais: Santiago Ormeño Villajos, catedrático de escola universitaria. Universidade Politécnica de Madrid.

Mario Lafuente Olalde, profesor titular de escola universitaria. Universidade de León.

Luis José Ortiz Sanz, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

7438