Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 09 de setembro de 1998 Páx. 10.079

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1998 pola que se adxudican dúas bolsas de formación na área da estatística pública.

Á vista da proposta formulada pola Comisión de Avaliación para a adxudicación de dúas bolsas de formación na área da estatística pública, e de acordo co estipulado na base quinta da Resolución do 4 de xuño de 1998, pola que se anuncia a súa convocatoria.

RESOLVO:

Concede-las bolsas para cada unha das titulacións e nos termos que seguen:

Pola licenciatura de matemáticas.

Adxudicatario: Francisco Javier Barriuso Noya.

Suplentes:

Rosa María Díaz Doutón.

María del Puerto Blanco de Santiago.

Por la licenciatura de económicas:

Adxudicataria: María del Pilar Folgoso López.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na lei reguladora da dita xurisdicción.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1998.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

8126