Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.060

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (49/1998).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas número 49/1998, por insultos e ameazas,

nos que recaeu sentencia da que o encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 27 de xuño de 1998. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 49/1997, seguidos neste xulgado sobre insultos e ameazas, nos que son partes o denunciante Arturo Moreira Lozano; e a denunciada Laura Sánchez Otero.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Laura Sánchez Otero da falta de ameazas pola que foi denunciada, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal os autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación a Laura Sánchez Otero, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

8073