Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 08 de setembro de 1998 Páx. 10.047

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 20 de agosto de 1998 pola que se regulan os prezos privados que se aplicarán pola prestación dos servicios de reproducción mediante fotocopia das publicacións do Instituto Galego de Estatística.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia establece a posibilidade de obtención de recursos por parte dos órganos da Administración, entes ou organismos autónomos.

O artigo 5, da citada lei sinala que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os órganos da Administración, entes e organismos autónomos como consecuencia da cesión ou alleamento de bens ou da prestación de servicios sempre que exista oferta privada con corrente».

Así mesmo, a Lei 8/1998, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, establece, no seu artigo 42.5º, como un dos medios económicos cos que contará o IGE para o cumprimento dos seus fins, os ingresos obtidos polas súas actividades de xestión e explotación, así como os dos servicios que poidan realizar.

Na súa virtude, vista a proposta formulada polo Instituto Galego de Estatística, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A presente orde ten por obxecto o establecemento das normas de xestión do prezo 36.30.00 «reproducción parcial mediante fotocopia de publicacións e outros documentos elaborados polo IGE» para aplicar pola prestación do dito servicio.

Artigo 2º

O pagamento des servicios poderá efectuarse ben mediante ingreso a nome do IGE -de acordo coa normativa vixente de prezos privados-, ou ben directamente na súa sede mediante a adquisición da tarxeta correspondente.

Artigo 3º

As tarifas que deberán aboa-los usuarios son as seguintes:

-Tarifas reproduccións:

*Fotocopia simple:

DIN A4: 10 pesetas/copia.

DIN A3: 25 pesetas/copia.

*Fotocopias remitidas por correo:

1ª páxina: 50 pesetas/copia.

2ª páxina e seguintes: 25 pesetas/copia.

*Fotocopias enviadas por fax:

1ª folla que inclúe cabeceira da mensaxe: 150 pesetas.

2ª folla e seguintes: 75 pesetas.

Artigo 4º

As tarifas incluídas na presente orde entenderase, se é o caso, co IVE incluído.

Artigo 5º

Os ingresos xerados pola prestación do servicio aplicaranse ó orzamento do IGE.

Artigo 6º

Os prezos aprobados pola presente orde non serán de aplicación ós profesores que impartan as actividades organizadas polo IGE, ós beneficiarios das súas bolsas e axudas mentres dure o seu período de desfrute, así como ós medios de comunicación social.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 1998.

José A. Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

8132