Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de adxudicación por poxa, con procedemento aberto, para a execución das obras de reforma do centro cultural de Almeiras.

De conformidade co parágrafo 2º do artigo 122 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, sométense á exposición pública os pregos de condicións e os anuncios para a presentación de proposicións, o que se fai en unidade de acto, podendo presentarse reclamacións contra os pregos durante os 8 días hábiles seguintes á publicación do anuncio.

Entidade adxudicataria: concello de Culleredo.

Obxecto do contrato: reforma do centro cultural de Almeiras.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

Orzamento: 18.967.121 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Garantía definitiva: 4% do orzamento.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 2, 3, 4 e 6, categoría c).

Obtención de documentos e información: concello de Culleredo.

Domicilio: Rúa do Concello-Tarrío-Culleredo.

Localidade: Culleredo (A Coruña) 15189.

Teléfono: 981 67 77 77.

Fax: 981 67 76 46.

Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no DOG.

Gastos de anuncios: serán de conta do adxudicatario.

Culleredo, 4 de agosto de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

7719