Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 07 de setembro de 1998 Páx. 10.043

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o 16 de xullo de 1998, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello

de Barro, logo do informe favorable da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, do 19 de febreiro de 1998.

Segundo dispón o artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público o citado acordo.

O Plan Xeral non entrará en vigor ata a publicación íntegra do texto no BOP de Pontevedra, segundo dispón o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, (modificado polo artigo único da Lei 39/1994, do 30 de decembro), e transcorrido o prazo de 15 días sinalado no artigo 65.2º.

Con este acordo remata a vía administrativa, polo que se poderá interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir de publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que coide oportuno.

Barro, 21 de xullo de 1998.

María Teresa Roig Olona

Alcaldesa

7754