Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMARIÑAS

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Camariñas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 25.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da asistencia consistente na elaboración e implantación do Museo Virtual do Encaixe de Camariñas integrado na Rede Europea de Encaixe de Palillos, proxecto Blen.

b) División por lotes e número: dúas fases.

c) Lugar de execución: Camariñas.

d) Prazo de execución: fase 1: 15-1-1999. Fase 2: 30-9-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

4. Orzamento base da licitación: 15.093.194 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Camariñas, Praza de Insuela, 57, Camariñas, 15123. Teléfono: 981 73 60 00-981 73 60 25. Telefax: 981 73 63 19.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se esixe clasificación.

b) Outros requisitos: os esixidos polo artigo 198.1º da Lei 13/1995. Acreditación da solvencia económica e financeira e técnica e profesional do licitador, por calquera dos medios a que se refiren os artigos 16 e 19, respectivamente, da mencionada Lei 13/1995.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou BOP, en horas de 9 a 14.

b) Documentación que se presentará: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Camariñas.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil seguinte (agás sábado) daquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios: será a cargo do adxudicatario.

Camariñas, 10 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

8098