Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMARIÑAS

ANUNCIO de poxa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Camariñas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 23.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de pavimentación de vías en Xaviña.

b) Lugar de execución: Xaviña (Camariñas).

d) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento base da licitación: 5.290.951 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Camariñas, Praza de Insuela, 57, Camariñas, 15123. Teléfono: 981 73 60 00-981 73 60 25. Telefax: 981 73 63 19.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixe clasificación nin outros requisitos específicos.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou BOP, en horas de 9 a 14.

b) Documentación que se presentará: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación mediante poxa con procedemento aberto das obras municipais.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Camariñas.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil seguinte (agás sábado) daquel en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Camariñas, 7 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

7768