Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso polo procedemento aberto, da asistencia técnica para a divulgación do saneamento integral da ría de Vigo (clave OH.036.399/A.T.).

Concurso procedemento aberto.

Orzamento: 120.094.800 pesetas (cento vinte millóns noventa e catro mil oitocentas pesetas).

1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador.

Organismo Autónomo Augas de Galicia. Edificios Administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono: 981 54 45 51. Telefax: 981 54 45 29.

2. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP.

Categoría 12. Número de referencia da CCP 867.

3. Lugar de execución.

Comunidade Autónoma de Galicia. Ría de Vigo (Pontevedra).

4. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate.

Non existe posibilidade.

5. Variantes.

Os licitadores poderán presentar, ademais, se o estiman conveniente, unha variante ou alternativa que, sen alterar substacialmente o prego de prescricións técnicas particulares, o melloren.

6. Prazo de execución do contrato.

8 meses.

7. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Organismo Autónomo Augas de Galicia. Edificios Administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela, A Coruña (España). Teléfono: 981 54 45 51.

b) Data límite para presentación de proposicións: 26 de outubro de 1998, ás 12 horas.

8. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas.

Acto público.

b) Lugar, data e hora desta apertura.

Sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 5 de novembro de 1998, ás 10 horas.

9. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (2.401.896 pesetas).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (4.803.792 pesetas).

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

10. Modalidades básicas de financiamento e de pago e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pago efectuarase a tanto alzado por certificación mensual aprobada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia.

11. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

12. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

14. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo III, subgrupo 3, categoría D, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

16. Data de envío do anuncio.

31 de agosto de 1998.

17. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

31 de agosto de 1998.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

8102