Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial P-74/98 e P-99/98 devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/97, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de

Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 10 de agosto de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-74/98.

Denunciado: José Manuel Tourón Lence. (DNI 76.618.848).

Último enderezo coñecido: Toxal, 12-Lousadela-Sarria-Lugo.

Feitos imputados: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia, o día 11-4-1998, no tramo libre do río Sarria-Santiago da Veiga.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei de pesca 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

Expediente: P-99/98.

Denunciado: Camilo Sánchez Chavoarcas (DNI 34.916.011).

Último enderezo coñecido: Sª Euxea de Asma-Chantada-Lugo.

Feitos imputados: pescar nun lugar prohibido para o efecto (canal de derivación dedicado á rega de prados), o día 26-4-1998, no río Asma, couto de Chantada-Viana Chantada.

Precepto sancionador: 34.6º da Lei de pesca 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

8091