Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicos os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos 111 e 172/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan os acordos de iniciación dictados en expedientes sancionadores por infracción

da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a xefa de Sección de Asociacións e Espectáculos, Margarita Olmo Bosco, e secretaria a xefa do grupo, Mª Teresa Igle

sias Lugrís, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou as informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá se considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 13 de agosto de 1998.

María Silvia Costoya

Delegada provincial en funcións

ANEXO

Número expediente: 111/1998.

Denunciado: Óscar Luis Salgado Rodríguez.

DNI: 35.323.404

Enderezo: rúa Frei Rosendo Salvado, nº 5-5º Q, Santiago de Compostela.

Establecemento: Stop Parada.

Precepto infrinxido: 23 o) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: ata 5.000.000 de ptas.

Número expediente: 172/1998.

Denunciado: Óscar Luis Salgado Rodríguez.

DNI: 35.323.404

Enderezo: rúa Frei Rosendo Salvado, nº 5-5º Q, Santiago de Compostela.

Establecemento: Stop Parada.

Precepto infrinxido: 23 o) LO. 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: ata 5.000.000 de ptas.

7879