Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de agosto de 1998 pola que se autoriza a transformación dunha granxa mariña, titularidade de Cultivos Mariños Vilanova S.L., sita en Cangas (Pontevedra), en estación depuradora, centro de expedición e cetaria, e se outorga a prórroga do título administrativo habilitante.

Vistas as peticións formuladas por Josefina Montes de la Fuente, en representación de Cultivos Mariños Vilanova S.L., solicitando prórroga e autorización para transformar en estación depuradora de moluscos, centro de expedición e cetaria a granxa mariña da que é titular a dita sociedade.

Tendo en conta os informes que constan no expediente e por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, esta consellería, facendo uso das facultades que ten conferidas, de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e o Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares ubicados na zona terrestre

RESOLVE:

Autorizar a Cultivos Mariños Vilanova S.L. (CIF B-36.041.549) o cambio da actividade outorgada

por Orde do 9 de xullo de 1987 (DOG nº 157, do 18 de agosto, modificada por DOG nº 119 do 22-6-1989) para a instalación dunha granxa mariña para cultivo de rodaballo (Psetta máxima) na praia de Alada, lugar de Vilanova-O Hío, concello de Cangas (Pontevedra), outorgando á citada empresa permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación, no mesmo lugar, dunha estación depuradora, centro de expedición e cetaria.

A nova instalación, de acordo co proxecto e planos presentados, axustarase ás seguintes características:

Superficies:

Dominio público marítimo terrestre.

Toma de auga e desaugadoiros: 231,5 m.

Dominio privado.

Nave: 958 m.

*Estación depuradora/Centro de expedición: 731,6 m.

Especies: moluscos.

Piscinas depuración: 5 de 6,00 x 6,80 m e 6 de 2,93 x 6,80 m.

Total superficie depuración: 323,5 m.

*Cetaria: 95,6 m.

Especies: crustáceos.

Piscinas estabulación: 4 de 3,00 x 5,00 m.

Total superficie estabulación: 60 m.

*Dependencias anexas 130,8 m.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de 10 (dez) anos, contados a partir do vencemento da orde inicial de outorgamento como granxa mariña, finalizando polo tanto o 18 de agosto de 2007.

Segunda.-A distribución das instalacións no interior da nave axustaranse ó disposto no proxecto presentado, que serviu de base para a presente resolución e do cal figura un esquema de planta xeral como anexo á presente orde.

As obras de adecuación, que poderán dar comezo no momento no que a empresa dispoña de tódolos permisos precisos, deberán estar finalizadas no prazo máximo de 1 (un) ano.

A finalización das obras deberá ser comunicada, previamente ó inicio da actividade, á delegación territorial desta consellería en Pontevedra, para os efectos de inspección e levantamento do correspondente informe.

A presente autorización non implica modificación da estructura externa da nave nin do dominio público marítimo-terrestre inicialmente indicados na orde incial de outorgamento.

Terceira.-O establecemento deberá cumpri-lo disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, no Decreto

193/1997, do 5 de xuño, anteriormente citado e no Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria que fixa as normas aplicables á comercialización de moluscos bivalvos vivos e o Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e de acuicultura e demais concordantes que lle sexan de aplicación.

Cuarta.-O permiso de actividade extinguirase, ademais de polas causas recollidas no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, polas sinaladas no artigo 6 do Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Quinta.-De acordo co disposto na disposición adicional cuarta da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas; a eficacia do permiso de actividade queda demorada ó outorgamento da concesión de ocupación

de dominio público marítimo-terrestre, prevalecendo as súas cláusulas.

Sexta.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito o acto ó dito imposto, feita pola delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

7969