Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.005

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (94/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 94/1998, que se seguen por circular sen seguro obrigatorio cítase a Juan Carlos Canabel Arnejo para que o próximo día 9 de outubro ás 11.45 horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, Polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaeren sobre el os prexuízos a que houbese lugar en dereito, podendo se é parte ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que intente valerse. E para que así conste e sirva de citación en forma a Juan Carlos Canabel Arnejo en paradoiro descoñecido.

Expido a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de agosto de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

8115