Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.005

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (18/1997).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 18/1997 se segue xuízo de faltas sobre danos, no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1998.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 18/1997, seguidos por danos, sendo parte denunciante Eduardo Regueiro Rúa, maior de idade e aparecendo como parte denunciada Roy Alvite Boquete e Jesús Manuel Miramontes Puga, maiores de idade, coa defensa letrada de Ana Pazo Labrador; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Roy Alvite Boquete e Jesús Manuel Miramontes Puga da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que lle sirva de notificación en forma ó denunciado Jesús Manuel Miramontes Puga, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o nove de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

7953