Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 9.981

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de derivados do cemento.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de derivados do cemento, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-6-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Derivados do Cemento de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, o 2-6-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que

consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de xullo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector derivados do cemento da provincia de Pontevedra

Capítulo I

Ámbitos, vixencia e contido xeral

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio será de aplicación ás industrias dedicadas á fabricación de artigos derivados do cemento, á súa manipulación e montaxe que a continuación se relacionan, no ámbito territorial da provincia de Pontevedra:

-Fabricación de formigóns preparados e argamasa para a súa subministración ás obras.

-Fabricación de productos en fibrocemento, tales como placas, tubos, accesorios e demais elementos.

-Fabricación de artigos e elementos en formigóns e argamasa en masa, armados, post e pretensados, así como artigos en celulosa-cemento e pómez-cemento, tales como lastros, baldosas, bloques, bordos, bovedillas, depósitos, formigón arquitectónico, lousas, moldeados, pedra artificial, postes, tellas, tubos, vigas e outros elementos estructurais, etc.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación a todo o territorio da provincia de Pontevedra, sen prexuízo do disposto no artigo 1.4º do Estatuto dos traballadores.

Tamén será aplicable ás empresas doutras provincias que, accidentalmente, poidan efectuar traballos dentro desta provincia, cando as condicións do convenio para elas vixente nas súas respectivas provincias, non alcance as melloras establecidas no convenio de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan incluídos no ámbito de aplicación deste convenio a totalidade das empresas e traballadores a actividade dos cales queda comprendida dentro do ámbito funcional descrito no precedente artigo

9º. Exceptúase da súa aplicación os que queden incluídos nos diferentes apartados do punto 3 do artigo 1 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Vixencia, prórroga e denuncia.

A duración do presente convenio será de cinco anos, rematando os seus efectos o día 28 de febreiro do ano 2001, para todas aquelas materias de negociación que o convenio xeral do sector de derivados do cemento atribúese como propias no seu artigo 2º, estean ou non incorporadas a este convenio como materia normativa.

En todas aquelas materias de negociación non atribuídas en exclusividade ó convenio xeral a duración do presente convenio será dun ano, desde o 1 de marzo de 1998 ata o 28 de febreiro de 1999, prorrogándose automaticamente por anualidades, se non media denuncia das partes cunha antelación de tres meses, alomenos, ó remate da súa vixencia. A dita denuncia deberá facerse por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio, debendo xuntarse á mesma proposta concreta sobre os puntos e contido que comprenda a revisión solicitada.

Artigo 5º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto expresamente neste convenio, aplicarase o convenio colectivo xeral do sector de derivados do cemento, o Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que, con anterioridade ó convenio, viñera desfrutando de condicións máis beneficiosas que as que aquí se establecen, deberá conservalas.

Artigo 7º.-Absorción e compensación.

As empresas afectadas polo presente convenio poderán compensar e absorve-los aumentos ou melloras que na materia de percepcións económicas se fixan nel, sempre que as percepcións económicas realmente aboadas ós traballadores sexan superiores ás fixadas neste no seu conxunto e cómputo anual.

Artigo 8º.-Clasificación profesional.

Mentres non se produza a incorporación ó presente convenio dos acordos sobre clasificación profesional que desenvolve o convenio xeral, será de aplicación sobre a materia o disposto na ordenanza de construcción, vidro e cerámica do 28-7-1970 nos seus anexos I-IV e II, sección primeira e sétima, permanecendo os niveis seguintes:

I. Persoal directivo.

II. Persoal titulado superior.

III. Persoal titulado medio, xefe administrativo 1ª, xefe sección organización 1ª.

IV. Xefe de persoal, axudante de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral.

V. Xefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefe de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefe de compras.

VI. Oficial administrativo de 1ª, delineante de 1ª xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización de 1ª.

VII. Delineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, capataz, especialista de oficio.

VIII. Oficial administrativo de 2ª, corredor de praza, oficial de 1ª de oficio, inspector de control, sinalizador e servicios, analista de 2ª.

IX. Auxiliar administrativo, axudante topográfico, auxiliar de organización, vendedores, conserxe, oficial de 2ª de oficio.

X. Auxiliar de laboratorio, vixiante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, axudante de oficio, especialista de 1ª.

XI. Especialista de 2ª, peón especializado.

XII. Peón ordinario, limpador/a.

XIII. Mozo dos recados e pinche de 16 e 18 anos.

Capítulo II

Comisión paritaria de interpretación

Artigo 9º.-Comisión paritaria de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta paritaria de interpretación do presente convenio, presidida pola persoal que a comisión, de entre os seus compoñentes no seu momento, designe por unanimidade.

Serán vocais dela tres representantes por cada unha das partes, social e empresarial intervenientes, designados do xeito que decidan as respectivas organizacións e preferentemente de entre os membros compoñentes da comisión negociadora deste convenio.

Será secretario un vocal da comisión.

Os acordos da comisión para seren válidos requirirán a presencia, directa ou por representación de, alomenos, dous membros de cada unha das partes empresarial e social, e adoptaranse sempre pola maioría absoluta da totalidade dos compoñentes da comisión. Os acordos que adopte a comisión paritaria terán a mesma eficacia que a norma pactada interpretada.

Artigo 10º.-Funcións e procedemento da comisión paritaria de interpretación.

1. As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación de todas e cada unha das cláusulas deste convenio, exceptuando as reservadas ó convenio xeral.

b) Por instancia dalgunha das partes, mediar e/ou intentar conciliar de se-lo caso, e logo de acordo das partes e por solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

c) Vixilancia e seguimento do cumprimento do pactado.

2. Como tramite, que será previo e preceptivo a toda actuación xurisdicional que se promova, as partes signatarias do presente convenio obríganse a pór en coñecemento da comisión mixta paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, puideran formularse en relación coa súa intepretación e aplicación, sempre que sexan da súa competencia, conforme o establecido no apartado anterior, co fin de que mediante a súa intervención, se resolva o problema formulado ou, se iso non fose posible, emita dictame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no parágrafo 4 deste mesmo artigo sen que se teña emitido resolución ou dictame.

3. Cando unha parte desexe utilizar algún dos supostos recollidos nos apartados a), b) e d) do parágrafo 1 deste mesmo artigo, farán chegar ós membros da comisión mixta de interpretación, a través das organizacións asinantes del, cunha antelación de 15 días, documentación suficiente que conterá, como mínimo:

a) Exposición do problema ou conflicto.

b) Argumentación.

c) Proposta de solución.

4. A comisión mixta paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a 20 días hábiles para resolve-la cuestión suscitada ou, se iso non fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen terse resolución nin dictame, quedará aberta a vía xurisdicional competente.

5. A comisión poderá solicitar, por vía de ampliación, canta información ou documentación estime pertinente para unha mellor ou mais completa información do asunto, e para este efecto concederá un prazo ó propoñente que non poderá exceder de 5 días hábiles.

6. En todo caso, as resolucións da comisión mixta paritaria de interpretación adoptarán a forma escrita e motivada.

Capítulo III

Xornada

Artigo 11º.-Xornada de traballo.

A) A xornada será de 1.760 horas anuais de traballo efectivo, tanto en xornada partida como en xornada continuada.

B) O tempo de traballo efectivo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se atope no posto de traballo encomendado.

C) En cada centro de traballo, a empresa exporá nun lugar visible o calendario laboral pactado neste

convenio provincial, e, se é o caso, o da propia empresa ou centro de traballo.

D) Tanto naquelas empresas que teñan establecidas ou establezan a súa xornada de xeito continuo, como naquelas outras nas que a xornada sexa partida, os traballadores terán dereito a un descanso de 15 minutos, coñecido como «tempo de bocadillo», e que en ningún caso terá a consideración de tempo efectivo de traballo.

O dito período de descanso será fixado pola dirección da empresa e os representantes dos traballadores, de acordo coas necesidades de organización do traballo, e sen que en ningún momento prexudique a producción.

Artigo 12º.-Distribución da xornada.

1. As empresas poderán distribuí-la xornada establecida no artigo anterior durante o ano, mediante criterios de fixación uniforme ou irregular. Afectando a uniformidade ou irregularidade ben a todo o cadro de persoal ou de xeito diverso por seccións ou departamentos, por períodos estacionais do ano ou en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda, ou calquera outra modalidade.

A distribución da xornada realizada nos termos precedentes deberá de fixarse e publicarse antes do 15 de xaneiro de cada exercicio. Unha vez publicado o dito calendario, calquera modificación que pretenda implantarse deberá ser acordada cos representantes legais dos traballadores.

2. Cando practique a empresa unha distribución irregular da xornada, limitarase esta ós topes mínimos e máximos de distribución seguintes: no cómputo diario non poderá excederse dun mínimo e máximo de 7 a 9 horas; en cómputo semanal, os ditos límites non poderán exceder de 35 a 45 horas.

Os límites mínimos e máximos fixados no parágrafo anterior, con carácter xeral, poderán ser modificados a nivel de empresa e logo do acordo das partes, ata as seguintes referencias: en cómputo diario de 6 a 10 horas ou en cómputo semanal de 30 a 50 horas.

3. A distribución irregular da xornada non afectará a retribución e cotizacións do traballador.

4. Se como consecuencia da irregular distribución da xornada, ó vencemento do seu contrato o traballador realizase un exceso de horas, en relación ás que corresponderían a unha distribución regular, o exceso seralle aboado na súa liquidación segundo o valor resultante da fórmula prevista no anexo V do presente convenio colectivo.

5. As empresas poderán, así mesmo, establece-la distribución da xornada nos procesos productivos continuados durante as 24 horas do día, mediante o sistema de traballo a quendas. Cando a decisión empresarial implique modificación substancial de

condicións de traballo aplazarase o disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

6. Dada a singularidade en materia de ordenación de xornada, no sector de empresas dedicadas á fabricación e subministración de formigón, e, con independencia da aplicación do previsto nos apartados 1, 2, 3, 4 e 5 deste artigo, as empresas e representantes dos traballadores poderán acorda-la distribución irregular da xornada mediante a imputación a exceso de xornada ou redistribución da acordada, por períodos mensuais.

Artigo 13º.-Prolongación da xornada.

O traballo dos operarios con funcións de mantemento para a reparación de instalacións e maquinaria por causas de avarías, necesario para a continuación do proceso productivo, poderá prolongarse ou adiantarse polo tempo estrictamente preciso.

A limpeza de útiles ou máquinas, asinadas a título individual, será responsabilidade do traballador. En supostos excepcionais o tempo empregado para tal tarefa que exceda da xornada ordinaria, aboarase ó prezo de horas extraordinarias e non terán a consideración de tales para efectos do seu cómputo.

Ós traballadores nos que de xeito habitual, e excepcionalmente os que o substitúen, concorra a circunstancia de que a súa intervención é necesaria, con carácter previo ó inicio inmediato ou ó peche do proceso productivo, poderá adiantárselle ou prolongárselle a súa xornada polo tempo estrictamente preciso.

O tempo de traballo prolongado ou adiantado, segundo o previsto nos parágrafos anteriores, non se computará como horas extraordinarias sen prexuízo da súa compensación económica ó prezo de horas extraordinarias ou en tempos equivalentes de descanso.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Terá a consideración de hora extraordinaria cada hora de traballo que se realice sobre a duración da xornada anual establecida no artigo 11º ou parte proporcional no caso de contratos de duración inferior ó ano natural, posta en relación coa distribución diaria ou semanal que dela se teña establecida no correspondente calendario, segundo os criterios que se fixan no artigo 12º.

As partes asinantes comprométense a reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias.

A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria, salvo nos supostos nos que teñan a súa causa en forza maior.

Non terán a consideración de horas extraordinarias, para efectos do seu cómputo como tales, o exceso das horas traballadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e de urxente reparación.

Así mesmo, tampouco terán a consideración de horas extraordinarias, para os efectos do seu cómputo, as que teñan sido compensadas mediante descansos desfrutados dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

Artigo 15º.-Vacacións.

As vacacións anuais terán unha duración non inferior a trinta días naturais.

As empresas e os representantes dos traballadores acordarán o plan de quendas de vacacións e datas para o seu desfrute, que deberán ser coñecidas polos traballadores cunha antelación mínima de dous meses.

Se no proceso de negociación referido non se chegara a alcanzar acordo, as empresas elaborarán o plan, quendas de vacacións e fixación de datas para o seu desfrute, atendendo ós seguintes criterios:

-Poderá excluírse como período de vacacións aquel que coincida co de maior actividade productiva da empresa, salvo o suposto recollido no parágrafo seguinte.

-As vacacións poderán ser divididas, para efectos do seu desfrute en dous períodos. Un deles, que en todo caso non será inferior a 15 días laborables, deberá estar comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive. O resto dos días de vacacións do segundo dos períodos serán desfrutados nas datas en que a empresa determine en función das necesidades de producción.

O cómputo para o desfrute das vacacións efectuarase por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servicios na empresa e, de non corresponderse co ano natural completo, terase dereito ó desfrute da parte proporcional de vacacións correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

Unha vez iniciado o desfrute do período de vacacións, se sobrevén a situación de I.T., a duración desta computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de I.T., de ser aquela de superior contía.

Capítulo IV

Estructura económica

Artigo 16º.-Estructura económica.

As remuneracions económicas dos traballadores afectados por este convenio estarán constituídas por retribucións de carácter salarial e non salarial.

No anexo I deste convenio fíxanse as remuneracións económicas dos traballadores afectados por este convenio por tódolos conceptos e no cómputo anual. As remuneracións económicas fixadas no anexo I serán, ase mesmo, de aplicación ós traballadores afectados polos contratos de posta á dis

posición recollidos no artigo 6 e seguintes da Lei 14/1994, do 1 de xuño.

Salarios. Son retribucións salariais as remuneracións económicas dos traballadores en diñeiro ou en especie que reciben pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea.

Conceptos que comprenden as retribucións salariais:

a) Salario base.

b) Complementos salariais:

-De posto de traballo.

-De cantidade ou calidade de traballo.

-Pagas extraordinarias.

-Vacacións.

-Complementos de convenio.

-Horas extraordinarias.

-Antigüidade consolidada.

Complementos non salariais. Son as percepcións económicas que non forman parte do salario polo seu carácter compensatorio por gastos suplidos ou prexuízos ocasionados ó traballador ou polo seu carácter asistencial.

Artigo 17º.-Follas de salarios.

De acordo co establecido no artigo 47º do convenio xeral, o modelo de recibo de salario válido no sector de derivados do cemento, axustarase ós campos de estructura contidos no modelo anexo á orde ministerial do 27 de decembro de 1994, incluíndo neles a data de antigüidade do traballador na empresa.

Os conceptos de devengo que teña dereito a percibi-lo traballador, axustaranse, necesariamente, ós definidos no capítulo VIII do convenio xeral e se especificarán e relacionarán no recibo de salarios coa precisión e claridade suficientes para que permitan ó traballador coñecer exactamente o seu contido.

Artigo 18º.-Antigüidade.

Dada a trascendencia que para as partes afectadas polo presente convenio ten o coñecemento exacto e puntual dos acordos sobre o complemento persoal de antigüidade adoptados no convenio colectivo xeral do sector de derivados do cemento para a súa traslación ó presente convenio, así como a aplicación persoal a cada traballador dos efectos dos ditos acordos en materia de antigüidade consolidada, transcríbese, a continuación e literalmente, o contido dos ditos acordos que figuran no artigo 58º do convenio xeral.

«Acordos sobre o complemento persoal de antigüidade:

1. As partes asinantes do presente convenio xeral acordan a abolición definitiva do concepto e tratamento do complemento persoal de antigüidade, tanto nos seus aspectos normativos como retribu

tivos, que ata a data se viñan establecendo e aplicando como consecuencia do previsto na ordenanza de traballo para a construcción, vidro e cerámica no referente a este sector de actividade, como nos convenios colectivos desenvolvidos para a súa aplicación.

2. Como consecuencia do dito acordo asúmense, así mesmo, por ámbalas partes e como contrapartida, os seguintes compromisos:

a) O mantemento e consolidación dos importes que, polo complemento persoal de antigüidade, na data de publicación de cada convenio colectivo de ámbito inferior, tivese cada traballador. Ó importe anterior así determinado adicionarase, se é o caso, ó importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivera devengada e non cobrada na data de entrada en vigor dos ditos convenios colectivos, calculándose por exceso ou defecto a anos completos.

b) Os importes obtidos ó amparo do previsto na letra a), manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato do traballador afectado. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salarios coa denominación de «antigüidade consolidada», non sendo susceptible de absorción ou compensación.

c) Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos anteditos, en tódolos convenios colectivos de ámbito inferior, calcularase o importe económico equivalente a seis anos de antigüidade (isto é, dous bienios e dous quintos dun quinquenio) en función dos módulos, importes ou porcentaxes que nos ditos convenios colectivos se fixen para o complemento de antigüidade, ou no seu defecto das porcentaxes da ordenanza laboral para a construcción, vidro e cerámica de 1970.

d) O resultado da antigüidade de seis anos, calculados de conformidade co previsto na letra c) dividirase en tres tercios. Cada un dos tercios adicionarase ó salario base dos respectivos convenios de ámbito inferior, segundo o previsto na letra c), nos anos 1º, 2º e 3º inmediatos seguintes á entrada en vigor de cada un deles, unha vez e, con posterioridade, a terse practicado e aplicado o incremento previsto na disposición derradeira primeira para o primeiro e segundo anos e o terceiro ano aplicarase o terceiro tercio na forma anteriormente descrita, unha vez e con posterioridade a terse practicado e aplicado a actualización das táboas de cada convenio de ámbito inferior, en función dos acordos que as partes acordasen no proceso de negociación.

e) Nos convenios colectivos de ámbito inferior, e, para os únicos efectos de carácter informativo, figurará en táboa anexa o importe anual en pesetas por niveis, do valor do bienio e quinquenio na data

inmediata anterior á súa entrada en vigor, reiterando as ditas táboas e importes de forma invariable nos anos sucesivos».

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos de vencemento periódico superior ó mes.

-Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e devengaranse por semestres naturais, e por cada día natural en que se teña devengado o salario base.

-Devengo das pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

-A contía dos ditos complementos será a que se especifica, para cada un dos níveis, no anexo I deste convenio, incrementada, no caso que proceda, coa antigüidade que corresponda.

-Ó persoal que ingrese ou cause cesamento na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores, no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 20º.-Vacacións.

1. Coa denominación de vacacións, implántase o complemento salarial polo que se retribúe o período de vacacións anuais ós traballadores.

2. O complemento salarial que se percibirá por vacacións comprenderá o promedio da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, a excepción das horas extraordinarias e gratificacións extraordinarias.

3. Os traballadores que causen cesamento durante o transcurso do ano, terán dereito a que, na liquidación que se lles practique, no momento da súa baixa na empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

4. Pola contra, e, nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

5. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal fose a súa causa. Nembargantes, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste, o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade

temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamento por finalización de contrato.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

1. É o complemento salarial que deberá percibi-lo traballador polo exceso de tempo de traballo efectivo que realice sobre a duración da xornada anual establecida ou a proporcional que corresponda.

2. As horas extraordinarias serán compensadas mediante descansos na equivalencia de: 1 hora extra realizada equivalería a 1 hora e media de descanso.

3. Subsidiariamente, as horas extras realizadas serán compensadas mediante descansos e retribución, a razón de: 1 horas extra realizada equivalería a 1 hora de descanso e media hora retribuída ó valor da hora ordinaria.

4. Excepcionalmente, as horas extras realizadas serán compensadas mediante o pagamento en metálico a razón de: 1 hora extra realizada equivalería ó 130% do valor da hora ordinaria.

5. A opción respecto da compensación en descansos ou en metálico corresponderá ó traballador, con independencia de que se a opción o é por compensación por descansos, a data do seu desfrute será fixada pola empresa durante os catro meses seguintes á súa realización. Con carácter xeral acumularanse os descansos por xornada completa.

6. Considéranse horas extraordinarias estructurais, tanto na súa definición como tratamento, as previstas na orde ministerial de 1-3-1983.

7. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo as realizadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, non poderá ser superior a 2 ó día, 20 ó mes e 80 ó ano.

Artigo 22º.-Complemento de convenio.

En aplicación do previsto no artigo 56º do convenio colectivo xeral do sector de derivados do cemento, o plus de asistencia e puntualidade por día de traballo existente no artigo 16º do anterior convenio colectivo provincial, denominarase no futuro complemento de convenio, e percibirase en función da contía establecida para cada nivel na táboa que figura no anexo I, conforme a asistencia e puntualidade dos traballadores, de acordo cos seguintes criterios de aplicación:

A) Esta percepción aboarase na contía fixada para cada categoría profesional, por día de traballo efectivo, non computándose para o aboamento das pagas extraordinarias e festas non recuperables.

B) Incórrese en falta de puntualidade cando se entre ó traballo ou se efectúe a reincorporación a este despois da hora sinalada, calquera que sexa o atraso habido.

C) Cada falta de puntualidade leva consigo a perda do plus de asistencia e puntualidade de cinco días.

D) Cada falta de asistencia ó traballo, non motivada, leva consigo a perda de plus de asistencia e puntualidade de dez días.

E) O aboamento do plus de asistencia e puntualidade realizarase co salario ou soldo do mes correspondente.

Artigo 23º.-Complemento non salarial.

O valor do complemento non salarial recóllese na táboa que figura no anexo I deste convenio colectivo.

A desaparición do plus de distancia e o seu tratamento, levada a cabo no convenio colectivo provincial do ano 1997, recóllese no anexo VIII deste convenio.

Artigo 24º.-Axudas de custo/medias axudas de custo.

1. A axuda de custo é un concepto de devengo extrasalarial, de natureza indemnizatoria ou compensatoria, e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

2. O traballador percibirá axuda de custo completa cando, como consecuencia do desprazamento non poida pasa-la noite na súa residencia habitual. Devengarase sempre por día natural.

3. Devengarase media axuda de custo cando, como consecuencia do desprazamento o traballador afectado teña necesidade de realiza-lo xantar fóra da súa residencia habitual e non lle fose subministrada pola empresa, e poida pasa-la noite na citada residencia. A media axuda de custo devengarase por día efectivo traballado.

4. As axudas de custo ou medias axudas de custo percibiránse sempre con independencia da retribución do traballador e nas mesmas datas que esta; pero nos desprazamentos de máis dunha semana de duración, aquel poderá solicitar anticipos quincenais a conta, e para xustificar, sobre as mencionadas axudas de custo.

5. Non se devengará axuda de custo ou media axuda de custo cando o empresario organice e custee a manutención e aloxamento do traballador desprazado.

Así mesmo, non se devengarán medias axuas de custo cando, o desprazamento se realice a distancia inferior a 10 kms do centro de traballo.

Tampouco se devengarán medias axudas de custo cando, concorrendo varios centros de traballo no mesmo termo municipal, se realice o desprazamento a calquera deles.

O importe da axuda de custo completa e a media axuda de custo será o que se fixa no anexo I deste convenio.

Capítulo V

Contratación

Artigo 25º.-Forma do contrato.

A admisión de traballadores nas empresas, a partir da entrada en vigor do presente convenio, realizarase como norma xeral a través de contrato escrito.

O contrato de traballo escrito deberá formalizarse antes do comezo da prestación de servicios.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten, e o grupo profesional ou categoría no que queda encadrado o traballador, e en todo caso o contido mínimo do contrato.

Considérase como contido mínimo do contrato a fixación nel da identificación completa das partes contratantes, a localización xeográfica e denominación, se é o caso, do centro de traballo ó que queda adscrito o traballador, o enderezo da sede social da empresa, o grupo, nivel ou categoría profesional, especialidade, oficio ou posto de traballo no que queda adscrito o traballador, a retribución total anual, inicialmente pactada, e a expresión literal do convenio colectivo aplicable.

Artigo 26º.-Contratación.

Unha vez considerado apto, simultaneamente ó inicio da relación laboral, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo presentar para iso a documentación necesaria, e asinando o dito libro de matrícula.

Artigo 27º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse, por escrito, un período de proba que en ningún caso excederá de:

Nivel II: 6 meses.

Nivel III, IV e V: 3 meses.

Nivel VI e VII: 2 meses.

Nivel VIII: 1 mes.

Resto niveis: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes ó grupo, nivel ou categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose de cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse a instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de aviso previo e sen que ningunha das partes teña dereito a ningunha indemnización, debéndose comunica-lo desestimento por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se teña producio o desestimento, o contrato producirá plenos efectos computándose o tempo de servicios prestados para efectos de antigüidade.

4. A situación de I.T. derivada de accidente de traballo que afecte ó traballador durante o período de proba interromperá o seu cómputo.

Artigo 28º.-Modalidades de contratación.

As empresas afectadas polo presente convenio poderán celebrar calquera tipo de contrato de traballo, cunha modalidade que estea recollida na lexislación vixente ou no presente convenio colectivo.

Artigo 29º.-Contrato de fixo de cadro de persoal.

Entenderase como contrato de traballador fixo de cadro de persoal o que se concerte entre unha empresa e un traballador para a prestación laboral durante tempo indefinido, ou que por imperativo legal ou decisión xudicial leve aparellada esa condición.

Artigo 30º.-Contrato de traballo para a realización dunha obra ou servicio determinado.

A) Segundo o disposto no artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores e Real decreto 2546/1994, que o desenvolve, identifícanse como traballos ou tarefas con substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, unicamente, as seguintes actividades do sector.

a) Fabricación e subministración de formigón a unha obra determinada.

b) Os traballos de mantemento, obras ou avarías estructurais, e polo tanto, non habituais.

c) Aquel pedido ou fabricación para o subministración a unha obra suficientemente identificada e indeterminada no seu remate que, polas súas características diferentes dos pedidos ou fabricacións habituais, supoña unha alteración trascendente respecto ó ritmo ou programas normais de producción.

B) Contido e réxime xurídico:

-Nos contratos de traballo que se realicen baixo esta modalidade deberá indicarse con precisión e claridade o carácter da contratación e identificar suficientemente a obra ou servicio que constitúa o seu obxecto.

-A duración do contrato será a do tempo esixido para a realización da obra ou servicio.

-A utilización desta modalidade contractual requirirá, en todo caso, a confección dunha copia básica do contrato, que ademais do contido que as copias básicas do contrato teñen que reunir con carácter xeral, expresarán, necesariamente: a causa obxecto do contrato, as condicións de traballo previstas nel, a especificación do número de traballadores que se prevexa que intervirán na obra ou servicio, o grupo ou categoría profesional correspondente ó traballador e a duración estimada da obra ou servicio. Da dita copia básica darase traslado dentro dos prazos legais ós representantes dos traballadores.

-Os contratos por obra ou servicio determinado presumiranse celebrados por tempo indefinido cando neles se reflictan de xeito inexacto ou impreciso a identificación e obxecto destes, e resulte por iso practicamente imposible a comprobación ou verificación do seu cumprimento.

-Ó remate da obra ou servicio, os traballadores contratados ó amparo da presente modalidade contractual percibirán polo concepto de indemnización a cantidade equivalente ó 4,5% dos salarios de convenio devengados durante a duración da dita obra ou servicio.

Artigo 31º.-Contratos en prácticas e de formación.

Unha vez cumpridos os compromisos que sobre clasificación profesional se recollen no artigo 26º do convenio colectivo xeral, procederase ó estudio, negociación e sinatura dos acordos que as partes conveñan en materia do desenvolvemento dos contratos formativos e en prácticas.

Mentres non se desenvolvan especificamente no convenio xeral os contidos dos contratos formativos, será de aplicación para as ditas modalidades contractuais a regulación xeral prevista no artigo 11 do Estatuto dos traballadores, segundo as modificacións introducidas na dita lei polo Real eecreto lei 8/1997, do 16 de maio, salvo as seguintes especiais características:

Contrato formativo.

O contrato para a formación que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O dito traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional, relacionada co posto de traballo que vaia desempeñar. O contido do contrato, ó igual que as súas posibles prórrogas deberá formalizarse por escrito e figurará nel, de modo claro, o oficio ou posto de traballo obxecto da formación.

En ningún caso se poderá realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorran circunstancias de tipo tóxico, penoso, perigoso ou nocturno. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

A idade do traballador cun contrato destas característica non poderá ser inferior a 16 anos nin superior ós 21 anos.

A) A duración máxima será de dous anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

B) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a seis meses, podendo prorrogarse ata tres veces por períodos como mínimo de seis meses.

C) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase a formación teórica. Concretaranse no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico. O ensino teórico, a ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de xeito racional.

No contrato deberá figura-lo nome e categoría profesional do titor ou monitor encargado da formación práctica. O titor deberá velar pola axeitada formación do traballador en formación, así como de tódolos riscos profesionais. O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

O contrato para a formación presumirase de carácter común ou ordinario cando o empresario incumpra na súa totalidade as súas obrigas en materia de formación teórica.

D) Os convenios colectivos de ámbito inferior deberán fixar nas súas táboas salariais os salarios regulados da dita modalidade contractual; no caso contrario seranlles de aplicación os salarios mínimos sectoriais deste convenio xeral correspondente ó 85% e 95% do nivel IX, segundo os distintos anos de duración do contrato.

En calquera dos casos, o salario non poderá ser inferior ó 100% do salario mínimo interprofesional establecido para cada idade, na contía correspondente ó traballo efectivo do contrato.

No caso de cesamento na empresa, entregaraselle ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquiridas no que constará a duración desta.

E) Os traballadores en formación percibirán o 100% do complemento non salarial, con independencia do tempo dedicado a formación teórica.

Contrato en prácticas.

Os convenios colectivos de ámbito inferior deberán fixar nas súas táboas salariais reguladores da dita modalidade; no caso contrario seranlles de aplicación os salarios mínimos sectoriais fixados no convenio xeral.

Artigo 32º

Contratos para atender circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

1. De acordo co que dispón o artigo 15.1º b) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e o Real Decreto 2546//1994, do 29 de decembro, a duración máxima dos contratos eventuais por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, poderá ser de ata 30 meses traballados dentro dun período de 36 meses.

Durante o período intertemporal de 36 meses, poderán, ó amparo da mesma modalidade contractual, subscribirse máis dun contrato da mesma natureza, caso no que será acumulable a duración de todos eles para os efectos da duración máxima de 30 meses dentro dun período de 36, salvo que entre un contrato e o seguinte se produza unha interrupción de máis de 6 meses, no cal se estaría ante unha nova e distinta contratación.

2. Os contratos de duración inferior a 6 meses poderán prorrogarse cantas veces as partes acorden, dentro deste período máximo, sen limitación temporal ningunha.

A partir dos 6 primeiros meses as prórrogas posibles serán todas de 6 meses, excepto unha que poderá ser de duración inferior e a última cunha duración que poderá axustarse ás necesidades temporais para completa-los 30 meses de duración.

3. Indemnizacións:

a) Se agotados os seis primeiros meses de contrato, se prorroga por unha duración mínima de 18 meses adicionais ininterrompidos, e nunha soa prórroga, no momento de finalización do contrato a indemnización que se lle aboará ó traballador será de 18 días de salario por ano de traballo, ou parte proporcional.

b) Se agotados os seis primeiros meses de contrato as prórrogas fosen inferiores ó termo sinalado no suposto a), ou se levasen a cabo sucesivos contratos nas condicións recollidas no apartado 1º, a indemnización no momento de finalización do contrato ou de cada un dos múltiples posibles contratos será de 20 días de salario por ano traballado, ou parte porporcional. No caso de diversidade de contratros, a indemnización será liquidada ó remate de cada un deles.

c) Se a duración do contrato non supera catro meses, estará exento da obriga indemnizatoria.

4. Os contratos que se celebren baixo esta modalidade conterán referencia expresa ós contidos do artigo 24º do convenio colectivo xeral.

5. Os contratos celebrados con anterioridade á publicación do presente convenio poderán prorrogarse ata os 30 meses e coas condicións do presente artigo.

Artigo 33º

Disposicións comúns ós contratos de duración determinada.

Será preceptivo comunicarlle por escrito ó traballador o aviso previo de cesamento por finalización de calquera modalidade de contrato de duración determinada. O dito aviso previo realizarase cunha antelación de, alomenos, sete días para aqueles contratos que teñan unha duración non superior a trinta días naturais e de quince días, se a duración do contrato é superior ó dito prazo. O empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos calculados sobre a táboa do convenio, sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Artigo 34º.-Aviso de baixa na empresa.

Os traballadores están obrigados, cando desexen cesar na empresa, a avisar cunha antelación de dez

días; os que non o fagan así, perderán un día por cada un que falte por avisar.

Capítulo VI

Permisos, licencias e excedencias

Artigo 35º.-Licencias.

As licencias e permisos que as empresas poderán concederlles ós traballadores serán os que se recollen no cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores, único como anexo VI ó presente convenio.

Artigo 36º.-Días festivos de convenio.

Con carácter xeral para as empresas afectadas polo presente convenio, e co obxecto de axeita-la xornada de traballo fixada no artigo 11º, e a súa distribución durante o ano, acórdase incorporar ó calendario laboral, que consta no anexo VII deste convenio, dous días festivos. Así mesmo, con carácter xeral fíxanse como tales os días 24 e 31 de decembro.

O presente acordo será de aplicación exclusivamente para o ano 1998.

Artigo 37º.-Excedencia forzosa.

A excedencia forzosa concederase por designación ou elección para un cargo público ou sindical que imposibilite a asistencia ó traballo, e dará lugar ó dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade durante a súa vixencia. O reingreso solicitarase dentro do mes seguinte ó do cesamento no cargo público ou sindical, perdéndose este dereito se se fai transcorrido este prazo.

Artigo 38º.-Excedencia voluntaria.

1. O traballador con, alomenos, unha antigüidade na empresa de 1 ano, terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a 1 ano nin superior a 5. Nos supostos no que o traballador estea suxeito a un contrato de duración temporal, a duración máxima da excedencia voluntaria, en ningún caso, poderá supera-la da duración do contrato. Este dereito só poderá ser exercido de novo polo mesmo traballador, se é o caso, se transcorreron 4 anos desde o final da anterior excedencia, salvo casos excepcionais, no que de mutuo acordo poderá reducirse o dito prazo.

2. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, computable para efectos de antigüidade, non superior a 3 anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción contado desde a data de nacemento ou adopción deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un período de excedencia que, de se-lo caso, porán fin ó que se viñera desfrutando.

Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito. Durante o primeiro ano, a partir do inicio da situación de excedencia para coidado de fillos de ata 3 anos, terase dereito á reserva do posto de traballo.

3. O traballador excedente conserva tan só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes, de igual ou similar categoría á súa, que houbese ou se producisen na empresa, e sempre que o soliciten con, alomenos, un mes de antelación ó termo da excedencia.

Artigo 39º.-Excedencia especial.

Os traballadores terán, así mesmo, dereito, por unha soa vez, a un período de excedencia non superior, en ningún caso, a 6 meses con dereito á reserva do posto de traballo para os supostos de atención persoal ó cónxuxe, pais, fillos ou irmáns en situación de enfermidade ou incapacidade que requira a dita asistencia. Tal situación deberá quedar, necesariamente, acreditada no momento da solicitude da excedencia. O incumprimento por parte do traballador excedente da condición motivadora supón un incumprimento contractual por parte do traballador que será considerado como falta moi grave.

Dadas as características especiais do presente suposto de excedencia, as partes poderán fixa-las condicións específicas da súa aplicación.

Artigo 40º.-Disposicións comúns para as excedencias.

1. Nas excedencias en que concorra a circunstancia de temporalidade do contrato, a súa duración non se verá alterada pola situación de excedencia do traballador, e no caso de chegar ó termo deste durante o transcurso dela, extinguirase o dito contrato previa a súa denuncia avisada no prazo mínimo de 15 días, salvo pacto en contrario.

O incumprimento do prazo de aviso por parte do empresario suporá, exclusivamente, a obriga de compensar economicamente ó traballlador no importe dos días de falta de aviso, no momento da súa liquidación.

2. Durante o período de excedencia, o traballador, en ningún caso, poderá prestar servicios que supoñan unha concorrencia; se así o fixese, perderá automaticamente o seu dereito ó reingreso.

Capítulo VII

Representación colectiva

Artigo 41º.-Acción sindical.

Os delegados de persoal ou membros do comité de empresa disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo co establecido no artigo 68 do Estatuto dos traballadores. Tales horas poderán ser acumuladas nun ou máis delegados ou membros do comité de empresa, logo de consulta e acordo entre a representación sindical e a dirección da empresa, dentro dos 15 días anteriores á iniciación da dita acumulación. Os efectos e vixencia da acumulación de horas sindicais terán, en todo caso, unha duración mínima dun mes.

Dentro das formalidades previstas nos artigos 77 e seguintes do Estatuto dos traballadores, as empresas facilitarán o exercicio de reunións informativas fóra da xornada laboral, e durante dúas horas ó mes.

En todo o demais, aplicarase o disposto na lexislación laboral vixente, e, en particular, nos artigos 61 ó 81 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 42º.-Desconto da cota sindical.

Por requirimento dos traballadores afiliados a unha central sindical, as empresas descontarán na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, a central sindical a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta á que debe ser transferida a correspondente cantidade. As empresas efectuarán as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante o período dun ano.

Capítulo VIII

Prestacións complementarias ás da Seguridade Social

Artigo 43º.-Indemnizacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a percibir indemnizacións complementarias ás prestacións da Seguridade Social, nos supostos e contías que se detallan.

a) No caso de morte derivada de enfermidede común ou accidente non laboral, o importe dunha doceava parte das retribucións anuais previstas no convenio aplicable en cada momento.

b) No caso de morte, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional:

-Terceiro ano de vixencia (1-3-1998 ó 28-2-1999): 4.500.000 ptas.

-Cuarto ano de vixencia: 4.750.000 ptas.

-Quinto ano de vixencia: 5.000.000 de ptas.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaranse a quen o traballador finado declarase beneficiario, e, no seu defecto, ó cónxuxe, fillos, pais, irmáns e demais herdeiros legais, por esta orde.

En canto á data de fixación de efectos do feito causante, considerarase, en todo caso, a data en que se producise o accidente. Nos supostos de enfermidade profesional tomarase como data de efectos aquela na que declare por primeira vez a existencia o órgano competente.

A data de entrada en vigor na aplicación das indemnizacións anteriores será ós 30 días da entrada en vigor do presente convenio colectivo.

Artigo 44º.-Incapacidade temporal.

As empresas completarán ós seus traballadores a prestación económica da Seguridade Social por inca

pacidade temporal, ata o 100% do salario convenio, nos casos derivados de accidente de traballo. Cando a situación de I.T. derive de accidente de traballo non laboral ou enfermidade, as empresas completarán a prestación económica da Seguridade Social ata o 100% do salario convenio, a partir do vixesimo primeiro día da baixa.

Así mesmo, durante a hospitalización, os traballadores terán dereito a que se complete a prestación por I.T. ata o 100% do salario convenio.

Por salario convenio entenderase, para estes efectos, o salario base, antigüidade consolidada e complemento de convenio.

Artigo 45º.-Xubilación ós 64 anos.

As empresas e os traballadores poderán pactar xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto lei 1481/1981, do 20 de agosto, e o Real decreto 2705/1981, do 19 de outubro, debendo as empresas cubri-las ditas vacantes con traballadores desempregados rexistrados nas oficinas de emprego, en número igual ó de xubilacións anticipadas que se pacten, por calquera das modalidades de contratos vixentes na actualidade, excepto as contratacións a tempo parcial, cun período mínimo de duración en todo caso, superior ó ano e tendendo ó máximo legal respectivo.

Artigo 46º.-Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, e con independencia dos supostos de xubilación voluntaria anticipada, establécese a xubilación forzosa ós 65 anos de idade, dos traballadores que teñan cuberto o período legal de carencia para obtela.

Artigo 47º.-Roupas de traballo.

As empresas entregarán con carácter obrigatorio cada ano, ó persoal cun posto de traballo que o requira, dúas fundas ou chaquetas curtas e dous pantalóns, a elección do traballador, así como dous pares de calzado axeitado a súa actividade. Un dos equipos entregarase no mes de febreiro e o outro no mes de xullo.

Igualmente as empresas facilitaranlles luvas ós traballadores que proceda.

As pezas de roupa anteriores deberán ser da calidade suficiente para que cumpran o fin para o que foron adxudicadas.

Esta norma é aplicable non só ós traballadores que actualmente estean prestando servicios na empresa, senón tamén ós que no futuro causen alta nela.

Artigo 48º.-Outorgamento de posto de traballo.

Cando o conductor de vehículos de tracción mecánica, ó servicio dunha empresa afectada por este convenio, se vexa privado, temporal ou definitivamente do oportuno permiso de conducir, por disposición da autoridade competente, a empresa terá

a obriga de colocalo noutro posto de traballo compatible coas súas aptitudes e coñecementos, sempre que a dita privación se teña producido con ocasión de prestar servicios para a empresa e nun vehículo propiedade desta.

Artigo 49º.-Revisión médica.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual por conta da empresa, e en concerto cos servicios de seguridade e hixiene no traballo, coa excepción de que as empresas cun índice elevado de toxicidade lles farán ós productores dúas revisións anuais.

Se como consecuencia das revisións médicas anteditas se constatase a existencia dalgunha enfermidade descoñecida para o traballador, a empresa facilitaralle a este a concesión da licencia precisa para que poida acudir a realizar un control exhaustivo da dita enfermidade.

Artigo 50º.-Absentismo.

Exposición de motivos. As partes asinantes deste convenio recoñecen o grave problema que para o sector supón o absentismo e entenden que a súa reducción implica, tanto un crecemento da presencia do traballador no posto de traballo, como a correcta organización da medicina de empresa e da Seguridade Social, xunto cunhas axeitadas condicións de seguridade hixiene e ambiente de traballo, para unha efectiva protección da saúde física e mental dos traballadores.

Do mesmo xeito, as partes son conscientes do grave quebranto que na economía produce o absentismo cando se superan determinados niveis, así como a necesidade de reducilo dada a súa negativa incidencia na productividade.

Para acadar axeitadamente estes obxectivos, acordan:

1. Durante a vixencia deste convenio, as empresas que reúnan un número non inferior ó 51% dos traballadores do sector, comprométense a presentar mensualmente ante a comisión paritaria os datos relativos ó absentismo de cada unha delas, co obxecto do seu coñecemento e análise, utilizando para tal efecto o impreso incorporado a este convenio como anexo IV.

2. Entenderanse, en todo caso, como causas exclusivas do concepto de absentismo, as previstas no artigo 52 d) do Estatuto dos traballadores.

3. A media ponderada dos índices de absentismo, recollidos mediante a fórmula prevista nos puntos anteriores, recoñeceranse como referencia válida de índice de absentismo medio do sector de derivados do cemento na provincia de Pontevedra, que dará lugar ás negociacións de acordos tendentes á súa diminución, con efectos da entrada en vigor do próximo convenio colectivo.

Artigo 51º.-Partes asinantes.

O presente convenio foi negociado polos sindicatos Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores

e Confederación Intersindical Galega, en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios de Derivados do Cemento da provincia de Pontevedra, polos empresarios e asinado polos sindicatos Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores, en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios de Derivados do Cemento da provincia de Pontevedra.

Cláusula de inaplicación de incrementos salariais.

As empresas poderán solicita-la non aplicación dos incrementos salariais totais ou parciais cando se dean os seguintes supostos:

a) Cando a empresa se atope en situación legal de suspensión de pagamentos, quebras, concurso de acredores ou calquera outro procedemento que teña declarado a situación de insolvencia provisional ou definitiva da empresa, sempre que non exista ningún expediente de regulación de emprego por estas causas; de existir, aplicarase o disposto na letra b).

b) Cando a empresa se atope en expediente de regulación de emprego que afecte, alomenos, ó 20% do cadro de persoal, orixinado por causas económicas, e sempre que fose aceptado polos representantes legais dos traballadores.

c) Cando a empresa acredite, obxectiva e fidedignamente, situacións de perdas de explotacións que afecten substancialmente a estabilidade económica da empresa nos dous exercicios contables anteriores ó que se pretende implantar esta medida.

Tomaranse como referencia para o cálculo do resultado anteriormente citado os modelos de contas anuais do plan xeral de contabilidade, así como os gastos e ingresos financeiros.

d) Cando se presente na empresa afectada, o acaecemento dun sinistro ou sinistros que a súa reparación supoña unha grave carga financeira ou de tesourería. Esta circunstancia non suporá unha posible inaplicación dos incrementos salariais senón, en todo caso, unha suspensión temporal no seu aboamento. As partes afectadas negociarán a duración desta suspensión. Unha vez reproducida a recuperación económica aboaranse os incrementos obxecto da suspensión con efectos retroactivos á data de inicio da non aplicación.

Procedemento:

1. As empresas nas que, ó seu xuízo, concorran as circunstancias expresadas, comunicaranlles ós representantes legais dos traballadores na empresa o seu desexo de acollerse ó procedemento regulado neste artigo, no prazo de trinta días naturais contados desde a data de publicación oficial de tales incrementos, salvo para o caso d), no que o prazo comezará a contar desde a data do sinistro.

De igual xeito e no mesmo prazo, comunicarase esta intención á comisión paritaria do convenio colectivo correspondente.

Cando nunha empresa non existira representación legal dos traballadores, actuará como garante, prac

ticándose tódalas actuacións contidas neste artigo, a comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo correspondente.

Simultaneamente á comunicación, a empresa facilitaralle á representación legal dos traballadores a seguinte comunicación:

1.1. Documentación económica que consistirá nos balances de situación e conta de resultados dos dous últimos anos.

1.2. A declaración para efectos do imposto de sociedades, tamén referidos ós dous últimos anos.

1.3. Informe do censor xurado de contas cando exista obriga legal.

1.4. Plan de viabilidade da empresa.

No suposto recollido na letra d) a documentación á que aluden os puntos 1.1., 1.2. e 1.3. só será esixible respecto ó exercicio contable inmediato anterior. Neste caso esixirase ademais certificación do saldo de tesourería existente na data de presentación do sinistro.

Dentro dos seguintes catorce días naturais as partes deberán pronunciarse sobre a procedencia ou improcedencia na aplicación desta cláusula.

O resultado desta negociación será comunicado á comisión paritaria do convenio colectivo correspondente no prazo dos cinco días seguintes a terse producido o acordo ou desacordo presentando a documentación utilizada, procedéndose no xeito seguinte:

a) No caso de acordo a empresa e os representantes dos traballadores comunicarán a porcentaxe de incrementos salariais que se van aplicar, ou a súa non aplicación.

A comisión competente ratificará ou denegará o dito acordo.

b) No caso de non ter acordo, a comisión paritaria de interpretación examinará os datos postos á súa disposición, solicitará a documentación complementaria que estime oportuna e os asesoramentos técnicos pertinentes, escoitará as partes, debendo pronunciarse sobre si, na empresa solicitante, concorren ou non as circunstancias esixidas no parágrafo primeiro desta cláusula.

Os acordos da comisión mixta do convenio colectivo correspondente tomaranse por unanimidade.

Os prazos establecidos nesta cláusula serán de caducidade para tódolos efectos.

Os representantes legais dos traballadores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e dos datos a que se teña acceso, como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto a todo iso, sixilo profesional.

Non poderán facer uso desta cláusula as empresas durante dous anos consecutivos.

Finalizado o período de desvinculación, as empresas afectadas obríganse a proceder á actualización inmediata dos salarios dos traballadores; para iso, aplicaranse sobre os salarios iniciais os diferentes incrementos durante o tempo que durou a aplicación desta cláusula.

Exceptúase da aplicación do parágrafo anterior, a causa prevista na letra d) este artigo; o seu procedemento de actualización queda implicitamente regulado no dito apartado.

Disposición adicional primeira

O texto do presente convenio será redactado nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, galego e castelán.

ANEXO I

ComplementosPagas extraordinarias

NivelCategoríasSalarioConvenioNon salarialXulloNadalR.A. (2)

2Persoal titulado superior232.080766511207.531207.5313.200.022

3Persoal titulado medio-xefe Administr.197.065654511176.218176.2182.717.216

4Xefe persoal-Axte. obra-encargado Xral. de fábrica164.742576511147.317147.3172.271.538

5Xefe Admtvo. 2ª-delineante superior-encargado xeral obra-xefe sección-xefe obra148.412511511132.713132.7132.046.370

6Oficial Admtvo. 1ª-delineante 1ª-xefe Enc. taller ou labor138.379480511123.737123.7371.907.422

7Delineante 2ª-viaxante-capataz-especialista de oficio130.806463511116.993116.9931.803.658

8Oficial Admtvo. 2ª-oficial 1ª oficio123.273430511110.231110.2311.699.738

9Auxiliar Admtvo.-oficial de 2ª de oficio119.535417511106.887106.8871.648.194

10Aux. laboratorio-vixilante almaceneiro-cobrador-axudante de oficio-especialista de 1ª115.785408511103.523103.5231.596.466

11Especialista de 2ª-peón especializado112.121395511100.149100.1491.545.750

ComplementosPagas extraordinarias

NivelCategoríasSalarioConvenioNon salarialXulloNadalR.A. (2)

12Mulle limpeza-peón corrente110.05237751198.41198.4111.517.446

13 (1)Aspirante Adm.-aprendiz 3º e 4º ano-pinche 17 e 18 anos61.74029951161.74061.740864.360

14 (1)Pinche 16 anos53.60928051153.60953.609750.526

(1) Estos salarios serán de aplicación para os contratos de formación.

(2) Na columna R.A. sumáronse os 12 meses de salario mailas 2 pagas extraordinarias. Para calcula-la retribución total anual deberanse sumar tanto o plus de convenio e o non salarial, como a antigüidade consolidada, de se-lo caso.

Axudas de custo:

-Con pernoctación: 5.275 ptas.

-Sen pernoctación: 3.041 ptas.

ANEXO II

Táboa de referencia de antigüidade anual a 29-2-1996 (dous bienios máis dous quintos dun quinquenio)-Art. 58.2º e) C. Xeral-

NivelCategoríasAntigüidade

2Persoal titulado superior287.730

3Persoal titulado medio-xefe administrativo244.320

4Xefe persoal-axudante obra-encargado xeral de fábrica204.240

5Xefe administrativo 2ª-delineante superior-encargado xeral obra-xefe sección-xefe de obra184.005

6Oficial administrativo 1ª-delineante de 1ª-xefe encargado taller ou laboratorio171.600

7Delineante de 2ª-viaxante-capataz-especialista oficio161.210

8Oficial administrativo 2ª-oficial 1ª de oficio152.850

9Auxiliar administrativo-oficial 2ª de oficio148.230

10Auxiliar laboratorio-vixilante almaceneiro-cobrador-axudante oficio-especialista de 1ª143.670

11Especialista de 2ª-peón especializado140.325

12Muller limpeza-peón corrente136.455

ANEXO III

Antigüidade consolidada a data 6-11-1996 (14 pagas)

Nivel

2 anos

3 anos

4 anos

5 anos

Sumar a

partir de

5 anos,

por cada

ano de

antigüi-

dade

II7.33911.00914.67917.6152.937

III6.2319.34712.46314.9572.494

IV5.2097.81410.41912.5042.085

V4.6947.0419.38811.2661.878

VI4.3786.5678.75610.5061.751

VII4.1386.2078.2769.9311.655

VIII3.8995.8497.7989.3581.560

IX3.7815.6727.5629.0751.513

X3.6645.4967.3298.7951.467

XI3.5465.3207.0938.5571.465

XII3.4815.2226.9628.3541.392

ANEXO IV

Cadro de persoal

Horas/días esixibles

Concepto e

% horas

Horas/

días/

perdidos%

Horas/

días/

perdidos%

Horas/

días/

perdidos%

Horas/

días/

perdidos%

Horas/

días/

perdidos%

Atrasos

Faltas

Sancións

Licencias non retribuídas

Enfermidade

Accidente non laboral

Outros

Total

ANEXO V

Para os efectos do disposto no capítulo III, artigo 12º do presente convenio, a fórmula para determina-lo valor hora co fin de aboar posibles excesos en supostos de distribución irregular da xornada, será a seguinte:

SB+AC+PI+CC+CP+CCC+GE+V

= valor hora ordinaria

Horas anuais de traballo efectivo

Sendo:

SB: salario base.

AC: antigüidade consolidada.

PI: posibles pluses individuais ou complementos persoais.

CC: complementos de convenio.

CP: complementos de posto de traballo.

CCC: complementos por cantidade e/ou calidade de traballo.

GE: gratificacións extraordinarias.

V: importe das vacacións anuais.

ANEXO VI

Motivos da licenciaTempo máximoConceptos a percibirXustificantes

S. baseAntg.Tran.Dist.Asist.

Falecemento ou enfermidade grave de pai, pais políticos, fillos, cónxuxe, compañeiro/a5 días naturaisSiSiNonNonNonEsquela e/ou documento en que se acredita o parentesco. Certificado médico. Deberá constar certificación e gravidade. No caso, certificado convivencia

Falecemento ou enfermidade grave de avós, avós políticos, xenros, norsa, irmáns e cuñados4 días naturais

ampliables a 5 en caso de desprazamento

SiSiNonNonNonEsquela e/ou documento en que se acredite parentesco. Certificado médico. Deberá especificar gravidade

Falecemento outros familiares4 horasSiSiSiSiSiEsquela e/ou documento acreditativo parentesco

Nacemento de fillo3 días laborables ampliablesSiSiNonNonNonLibro de familia ou certificado xulgado

Matrimonio do traballador15 días naturaisSiSiNonNonNonLibro de familia ou certificado de xulgado ou igrexa

Matrimonio de fillos ou irmáns e novas nupcias de pais1 día naturalSiSiNonNonNonCertificado xulgado ou igrexa, con acreditación de parentesco. Invitación

Traslado de domicilio habitual, traslado de útiles1 día laborableSiSiNonNonNonCertificado do servicio de empadronamento

Enfermidade e consulta médica, consulta a especialista S.O.E. prescrita polo médico de cabeceiraPolo tempo necesario. Máximo 5 horas/díaSiSiSiSiSiCopia volante médico medicina S.O.E. Xustificante asistencia médico especialista

Consulta médico medicina xeral. Acompañar ó médico a un familiar de primeiro grao inválido, psíquico ou físico4 horas/día. Máximo 5 horas/díaSiSiSiSiSiCertificado médico S.O.E. ou outro

Lactación1 hora seguida ou reducción œ hora a elección da traballadora (9 meses despois do parto)SiSiSiSiSiCertificado parto

Cargo sindical ou públicoO tempo legalSiSiSiSiSiO que proceda

Inescusables de carácter público
ElecciónsPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCertificado mesa electoral
Tribunais ordinarios
-TestemuñaPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación
-DemandantesPolo tempo necesario-----Citación
-DemandadoPolo tempo necesario-----Citación
Xulgados do social
-TestemuñaPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación
-DemandantePolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación
-DemandadoPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiCitación
Presentación a quintasPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiXustifica-la citación

ANEXO VII

Calendario laboral ano 1998

Convenio colectivo: derivados do cemento da provincia de Pontevedra.

Sector de actividade: derivados do cemento.

Xornada anual: 1.760.Xornada semanal:

Descanso xornada: 15 minutos.Tratamento: non traballo efectivo.

Festivos previstos no convenio: 24 e 31 de decembro.

Outros festivos: estatais 10, autonómicos 2, locais 2.

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1EDDED

2D

3D

4DD

5DD

6EDD

7DE

8DDDE

9ED

10ED

11DD

12DDE

13DD

14D

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

15DDED

16D

17D

18DD

19ADD

20DD

21D

22DDD

23D

24D

25DADE

26DD

27DD

28D

29DD

30D

31D

Horas

E= festivo estatal A= festivo autonómico L= festivo local C= festivo convenio

V= vacacións P= ponte X= axuste xornada

ANEXO VIII

Acordos sobre o plus de distancia

1. As partes asinantes do presente convenio colectivo, en cumprimento do previsto no artigo 59 do convenio colectivo xeral de derivados do cemento, acordan a desaparición definitiva do concepto e tratamento do plus de distancia, tanto nos seus aspectos normativos como retributivos, que ata a data se lle viñan atribuíndo, ó amparo da Orde do 10-2-1958, do 17 de febreiro, e artigo 17 do convenio colectivo provincial de 1995 e anteriores.

2. Como consecuencia do dito acordo asumen, así mesmo, ámbalas dúas partes, e como contrapartida, os seguintes acordos:

a) O incremento no complemento non salarial xa actualizado dun importe equivalente a vintetrés pesetas, resultando, polo tanto, despois da aplicación do IPC correspondente, un valor para o dito complemento, a partir do 1-3-1997 de cincocentas pesetas, por día de asistencia ó traballo.

b) O mantemento dos importes que a 28-2-1997, e polo concepto de plus de distancia viñeran percibindo os traballadores que tivesen recoñecido o dito complemento.

c) A conxelación dos importes que polo dito plus de distancia se percibisen o 28-2-1997, equivalentes en contía diaria igual ou superior a 123 pesetas. O proceso de conxelación aludido manterase ata tanto o importe de vintetrés pesetas, previsto na letra a) alcancen o referente de 123 pesetas por aplicación dos incrementos de actualización que se pacten nos sucesivos convenios.

d) Os importes que se viñan percibindo como plus de distancia integraranse a partir do 1-3-1997, e polo tanto, percibiranse como complemento non salarial.

8090