Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de equipamento informático e liña de comunicacións para a posta en marcha da rede telemática provincial. (Expediente 98/7065 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de equipamento informático e liña de comunicacións para a posta en marcha da rede telemática provincial.

Lugar de entrega: Servicio de Planificación e Control.

Prazo de entrega: 30 de setembro de 1998.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 5.668.682 pesetas, desagregado en dous lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de cada lote.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 27 de agosto de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Hipólito Blanco Malvárez

Secretario accidental