Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da Alcaldía de data 22 do actual, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que ha de rexe-la poxa, por procedemento aberto urxente, das obras de rede de sumidoiros e abastecemento da travesía de Codesal, o cal se expón ó público por prazo de 8 días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase poxa, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas particulares.

1. Entidade adxudicadora e obtención de documentos.

a) Concello do Porriño, r/ Antonio Palacios.

b) Negociado de Contratación (Secretaría).

c) Expediente: III-6/98.

d) Teléfono: 986 33 13 01 e fax: 986 33 58 50.

e) Data obtención de documentos: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de rede de sumidoiros e abastecemento da travesía de Codesal, conforme o prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico, redactado polo enxeñeiro técnico obras públicas municipal e aprobado por Decreto do alcalde de data 22 do actual.

b) Lugar de execución: parroquia do Porriño.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 16.031.901 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

6. Requisitos específicos do contratista.

Os previstos no prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: rematará ós 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Porriño de 9 a 14 horas tódolos días, excepto sábados de 9 a 13 horas.

8. Modelo de proposición.

D...con enderezo en..., municipio ...C.P..., e DNI nº..., expedido en..., con data..., en nome propio (ou en representación de..., como acredito por... ), informado do expediente de contratación para a adxudicación por procedemento aberto mediante poxa, das obras de rede de sumidoiros e abastecemento da travesía de Codesal, anunciada no BOP e no Diario Oficial de Galicia, nº... de datas..., tomo parte

na mesma comprometéndome a realizalas polo prezo de...(letra e número) IVE incluído, conforme o proxecto e prego de cláusulas administrativas que acepto integramente, facendo constar que non estou incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

Lugar, data e sinatura. O licitador.

9. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

O Porriño, 24 de agosto de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

8088