Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

ANUNCIO.

Para os efectos previstos no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno deste concello, en sesión do 28-7-1998, visto o informe favorable emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo, aprobou definitivamente a seguinte modificación puntual das normas urbanísticas:

Coa presente modificación puntual preténdese regulariza-lo largo entre aliñacións da estrada LC-402, ó seu paso polo núcleo urbano da Silva, establecendo un largo homoxéneo de 20,00 metros, dez metros respecto ó eixe viario actual.

Trátase, pola súa vez, de axusta-la aliñación en cuestión, de acordo coa estructura parcelaria e viaria consolidada na zona.

A modificación aprobada non supón aumento do aproveitamento xa que o fondo de edificación é o establecido na norma para R.D. ó aplia-la vía posterior paralela á citada estrada, pasando dun largo de dez a doce metros, continuando en vigor a ordenanza XI publicada no BOP nº 189, do 17-8-1996, segundo resulta do informe emitido polo arquitecto.

Cerceda, 3 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

8085