Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.966

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1998 pola que se anuncia concurso para a execución das obras comprendidas no proxecto de reforma do centro social do Grupo de Pescadores.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O98/59.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de reforma do centro social do Grupo de Pescadores.

Prazo de execución: cinco meses e medio.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 29.076.093 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. Documentación: a) Entidade: Sucopia, S.L. b) Domicilio: Rda. de Nelle, 131. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 27 08 88.

7. Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría a.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: ata tres.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposcións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposción económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica» e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de reforma do centro social do Grupo de Pescadores.».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de agosto de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

7691