Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico Alabe-Cuadramón. (Expediente 006-EOL).

Por Resolución do 19 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas, declarouse a utilidade pública e aprobouse o proxecto de execución do parque eólico Alabe-Cuadramón (expediente 006-EOL).

Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 52

da Lei 40/1994, de ordenación do sistema eléctrico nacional, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos concellos onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación e, se procedese, o da ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., asumirá a condición de beneficiaria.

Lugo, 12 de agosto de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Relación de titulares descoñecidos

Concello: Alfoz.

PropietarioAfección

Predio

zona

Aeroxerador

Camiño

Colector eléctrico

Nº en

plano

Titular

Cultivo

Lugar

Concello

Superficie

apoio

(m)

Superficie

explanada

(m)

Superficie

(m)

Superficie

ocupada

(m)

2DescoñecidoMonte baixoMonte de GuilfonsoAlfoz105 a

114

1,2105.487C15.943MT2 e

MT3

128

Afección a predios particulares:

Un. As afeccións incluídas no anexo designadas como: aeroxerador, superficie de apoio e colector eléctrico, superficie ocupada, implican a ocupación de pleno dominio dos terreos.

Dous. As afeccións incluídas como camiño, superficie e aeroxerador, superficie explanada, implican a servidume permanente de paso coas seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar acto ningún que puidese danar ou prexudica-lo bo funcionamento das instalacións.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para executar, manter, renovar ou repara-las instalacións.

4. Prohibición de plantar árbores de gran tamaño a menos de 50 metros de cada aeroxerador.

8067