Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/172-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Domicilio social: rúa García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Outeiro-Cela.

Situación: Bueu.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 36 m lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio da L.M.T. Bueu-Marín I, remantando no C.T. que se proxecta en Outeiro-Cela, concello de Bueu. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380-220 V situado en Sabarigo. R.B.T, aéreo-subterránea, de 1.195 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 70 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 16 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7901