Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/278-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento Dalphi-polígono A Granxa.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 80 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña A.T.I. 703 alimentando en bucle o centro de seccionamento proxectado de Dalphi-polígono A Granxa, concello do Porriño. Centro de seccionamento con celas C.M.L.-SF6.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 16 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7913