Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 02 de setembro de 1998 Páx. 9.928

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1998 pola que se nomea profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa, a María del Carmen Iglesias Pérez (praza 72/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa, a prol de María del Carmen Iglesias Pérez, con documento nacional de identidade número 35.301.749, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Carmen Iglesias Pérez profesora titular de escola universitaria da área de coñecemento de estatística e investigación operativa, do departamento de Estatística e Investigación Operativa.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 12 de agosto de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

7923