Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 30 de xullo de 1998, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 8/1998 no ensanche, comprendendo as parcelas propiedade de José Manuel Sante Rivera e outros C.B., situadas na r/ México e bordo da estrada da Trincheira, cualificadas no plan xeral como edificable en 344,25 m e como zona verde (V-55) en 523 m na segunda parcela, no ámbito da UR-20.

De conformidade co establecido no artigo 38 do regulamento citado, sométese o expediente a información pública durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para efectos de presentación de reclamacións e observacións que, se for o caso han de dirixirse á alcaldía-presidencia.

Durante o trámite de información pública pode consultarse o expediente na Xerencia de Urbanismo do Concello e en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 3 de agosto de 1998.

O alcalde

Rubricado

8048