Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO da aprobación definitiva das modificacións puntuais das normas subsidiarias de planeamento nas rúas Eijo Garay e Suafonte.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 20 de maio do ano en curso, acordou a aprobación definitiva das modificacións puntuais das normas subsidiarias de planeamento, nas rúas Eijo Garay e Suafonte, de conformidade coa memoria e documentación gráfica contida no proxecto redactado, en data novembro de 1997, polos arquitectos Eduardo Herraez Fernández e Manuel J. Freire Tellado, e co obxecto de dar cumprimento ó artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, disponse a publicación do presente acordo no DOG.

Burela, 20 de agosto de 1998.

P.D.F. (Resolución Alcaldía 6-5-1996)

Sergio López García

Primeiro Tte. de alcalde

8040