Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Interior, pola que se fan públicas as resolucións do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e acordos do Consello da Xunta de Galiciados expedientes sancionadores en materia de xogo 19/1997 e dous máis.

Expediente sancionador: C-19/1997.

Intentada a notificación directa a Recreativos Garlo, S.L. da resolución dictada polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia.

Resolución:

1) Sanciona-la empresa operadora Recreativos Garlo, S.L., CIF B 15.131.808, con número de rexistro C-356, solidariamente co seu xerente/apoderado Vicente José Meseguer Lema, con DNI 32.331.059, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada e en explotación no local Pub Os Delfins, unha máquina recreativa tipo «A» carecendo do boletón de instalación.

2) Sanciona-la titular do establecemento Pub Os Delfins, sito en r/ Pedra do Sal-Baldaio, do concello de Carballo (A Coruña), Consuelo Mariño Cruz, con multa de dez mil pesetas (10.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local unha máquina recreativa de tipo «A» carecendo de boletín de instalación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sala do contencioso-administrativo, logo da correspondente comunicación a esta consellería na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, número 311-300-4355/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela. De

non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Expediente sancionador: C-27/1997.

Intentada a notificación directa a Antela, S.L. da resolución dictada polo conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia.

Resolución:

1) Sanciona-la empresa operadora Antela, S.L., CIF B 36.658.102, con número de rexistro P-0403, solidariamente coa súa xerente/apoderada Josefa Rodríguez González, con DNI 34.547.593, con multa de cen mil unha pesetas (100.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local Bar o Tesouro de Rande, do concello de Redondela (Pontevedra) unha máquina recreativa tipo «B» carecendo do boletín de instalación.

2) Sanciona-lo titular do establecemento Bar O Tesouro de Rande, sito en r/ Rande, Cedeira, número 14, do concello de Redondela (Pontevedra), José Antonio López Rodríguez, con DNI número 36.086.163 Z, con multa de dez mil pesetas (10.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29.i da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local unha máquina recreativa de tipo «B» carecendo de boletín de instalación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sala do contencioso-administrativo, logo da correspondente comunicación a esta consellería na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, número 311-500-6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Pontevedra. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Expediente sancionador: P-32/1997.

Intentada a notificación directa a Buscavidas, S.L., do acordo do Consello da Xunta de Galicia no expe

diente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó abeiro do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia.

Resolución:

1) Sanciona-la empresa operadora Recreativos Secanix, S.L., con CIF B 36.783.561 e con número de rexistro P-515, solidariamente co seu xerente/apoderado Antonio González Salgado, con DNI 76.708.315, cunha multa dun millón unha pesetas (1.000.001 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 28.g da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada unha máquina recreativa de tipo «A» carecendo de toda a documentación esixida pola lexislación vixente e tendo o serigrafado frontal dela borrado.

2) Sanciona-lo titular do establecemento O Buscavidas, S.L., cunha multa de cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.), pola comisión dunha infracción moi grave das previstas no artigo 28.g da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991 e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada no local unha máquina recreativa de tipo «A» carecendo de toda a documentación esixida pola lexislación vixente e tendo o serigrafado frontal dela borrado.

3) Interpoñer como sanción accesoria o comiso definitivo para a destrucción da máquina en cuestión, tal e como se establece no artigo 31.1º da Lei 14/1985, reguladora dos xogos e apostas de Galicia, con entrega da recadación existente a favor do Tesouro desta Comunidade Autónoma.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante a sala do contencioso-administrativo, logo da correspondente comunicación a esta consellería na forma prevista na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, e no artigo 110 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste acordo, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións, número 311-500-6/0 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

Alfredo Sánchez Carro

Director xeral de Interior

7705