Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora no expediente sancionador de epizootias 066SA/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE nº 174 do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, para a resolución do procedemento.

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 28 de xullo de 1998.

P.A.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 066SA/98.

Denunciado: Gómez Bandeira, José.

DNI: 33.265.123-E.

Último enderezo coñecido: rúa Meixonfrío nº 2, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: ter gando para a venda no mercado de Salgueiriños (Santiago de Compostela) sen ningunha identificación.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: artigo 7 do Real decreto 205/1996, en relación co artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 10.000 pesetas.

7638