Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-AG-ICA-5/98-v.

De conformidade co disposto no artigo 54.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución dictada no expediente por infraccións en materia de producción agroalimentaria, reguladas no Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/93, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio Técnico Xurídico sito na r/ Benito Corbal 47-4ª planta, e presentar ante este instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 27 de xullo de 1998.

P.A.

Mario Orjales Pita

Instructor

ANEXO

Expediente: PO-AG-ICA-5/98-v.

Denunciado: Xegadys, S.L.

Último domicilio coñecido: Polígono Rebullón-Puxeiros-Mos.

Feito denunciado: posta en circulación de viños e alcois embotellados sen etiquetar e negativa reiterada a subministra-la información requirida pola inspección.

Preceptos infrinxidos: artigo 38, apartado 2, do R(CEE) 2392/1980 e artigos 5.1º e 7.2º.5 do Real decreto 1945/1983.

Sanción: 220.000 pesetas.

7591