Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración dun sistema de xestión de nómina con destino ó Servicio de Asistencia a Municipios. (Expediente 98/5607.2 da Sección de Patrimonio e Contratación).

1. Obxecto: subministración dun sistema de xestión de nómina con destino ó Servicio de Asistencia a Municipios.

2. Lugar de entrega: Servicio de Asistencia a Municipios.

3. Prazo de execución: dous meses.

4. Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

5. Orzamento: 30.000.000 de pesetas.

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Garantía definitiva: 1.200.000 pesetas.

8. Información: Sección de Patrimonio e Contracción.

9. Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

10. Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 21 de agosto de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Hipólito Blanco Malvárez

Secretario accidental da Deputación Provincial

da Coruña

8003