Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO de licitación.

Por resolución da Alcaldía do 24 do actual, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que ha rexe-la poxa por procedemento aberto das obras de iluminación centro urbano, o cal se expón ó público polo prazo de 8 días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente anúnciase poxa, aínda que a licitación se aprazará, canto resulte necesario, no suposto de se formularen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas particulares.

1. Entidade adxudicadora e obtención de documentos.

a) Concello do Porriño, r/ Antonio Palacios.

b) Negociado de contratación (secretaría).

c) Expediente III-2/98.

d) Teléfono: 986 33 13 01 e fax: 986 33 58 50.

e) Data obtención documentos: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de iluminación centro urbano, conforme o prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico industrial e aprobado por decreto da Alcaldía do 18 do actual.

b) Lugar de execución: parroquia do Porriño.

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 9.668.880 ptas.

5. Garantías. Provisional: 2% do orzamento.

6. Requisitos específicos do contratista.

Os previstos no prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: rematará ós 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a especificada na cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello do Porriño de 9 a 14 horas tódolos días, excepto sábados de 9 a 13 horas.

8. Modelo de proposición.

O prego de cláusulas administrativas e modelo en oficinas xerais 3ª planta e o publicado no BOP.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O Porriño, 20 de xullo de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

8002