A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, da Consellería de Sanidade y Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:
Expediente: 10/98 N.
Obxecto: subministración de instrumental clínico.
Orzamento: 3.877.600 pesetas (IVE incluído).
Expediente: 11/98 N.
Obxecto: subministración de aparellaxe clínica.
Orzamento: 8.127.500 pesetas (IVE incluído).
Expediente: 12/98 N.
Obxecto: subministración de material de centrais telefónicas.
Orzamento: 3.525.000 pesetas.
1. Prazo de entrega: os bens obxecto dos concursos referidos entregaranse no prazo de 15 días contados desde a data de adxudicación do contrato, e tendo en conta o previsto no apartado 2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen cada contratación.
2. Fianzas:
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación do artigo ou artigos adxudicados.
3. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.
4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.
5. Solvencia técnica: acreditarase achegando as certificacións ás que se refire o artigo 18 apartado e) da LCAP e mostras dos artigos que se subministrarán.
6. Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula décimo primeira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen os presentes concursos.
7. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser
solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26, 1ª planta (Vigo), teléfono 986 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.
8. Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26 - 4ª, 36204 - Vigo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
9. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México 26 - 6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
10. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto nove do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Anuncios: o pagamento dos anuncios dos presentes concursos públicos serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 31 de xullo de 1998.
Alberto García Pazos
Director xerente de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo
7794