Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1998 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de proxecto e execución con procedemento aberto, das obras que se citan (clave OH.315.248 e cinco máis).

A) Obra.

1. Colectores xerais e E.D.A.R. de Sigüeiro-primeira fase. (Oroso-A Coruña).

Clave: OH.315.248.

Orzamento: cento noventa millóns de pesetas (190.000.000).

Prazo de execución: 28 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Colectores e estacións depuradoras de augas residuais de Baio e Zas. (Zas-A Coruña).

Clave: OH.315.423.

Orzamento: douscentos corenta millóns de pesetas (240.000.000).

Prazo de execución: 28 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Colectores e estacións depuradoras de augas residuais en Cerceda e A Silva. (Cerceda-A Coruña).

Clave: OH.315.424.

Orzamento: cento dez millóns de pesetas (110.000.000).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 8, categoría c.

Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. E.D.A.R. de Veigue. (Sada-A Coruña).

Clave: OH.315.429.

Orzamento: cento catorce millóns de pesetas (114.000.000).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Colectores xerais e E.D.A.R. de Samos. (Samos-Lugo).

Clave: OH.327.251.

Orzamento: cincuenta e sete millóns de pesetas (57.000.000).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Saneamento e abastecemento de Moreira-Macadín. (Ponteareas-Pontevedra).

Clave: OH.536.391.

Orzamento: cento cincuenta e un millóns trescentas cinco mil seiscentas corenta e catro pesetas (151.305.644).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

B) Documentos de intesese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo artículo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día cinco (5) de outubro de 1998.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día quince (15) de outubro de 1998.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

7793