Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 27 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación San Román, 5534.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que por Resolución do 6 de maio de 1998 foi outorgado o permiso de investigación San Román, número 5534 de 83 cuadrículas mineiras para recursos da sección C, que se sitúa nos concellos de Ribadeo e Trabada, da provincia de Lugo, e San Tirso de Abres, da provincia de Asturias.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 27 de maio de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7618