Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Carbelo, nos concellos de Crecente e A Cañiza, da provincia de Pontevedra, e Melón, da provincia de Ourense, por parte de Granitos Penalonga, S.L., 2783.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Granitos Penalonga, S.L, con domicilio en Casares, Carballeda de Avia, Ourense, presentou nesta delegación provincial, o día 29 de abril de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Carbelo, de 24 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Crecente e A Cañiza, da provincia de Pontevedra, e Melón, da provincia de Ourense, e que lle correspondeu o nº 2783, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte.

Lonxitude Latitude

Vértice 18º 14' 00'' 42º 14' 20''

Vértice 28º 11' 20'' 42º 14' 20''

Vértice 38º 11' 20'' 42º 13' 20''

Vértice 48º 14' 00'' 42º 13' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 3 de agosto de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7619