Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun local sito na rúa dos Feáns, 7-C, de Santiago de Compostela, para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das peculiaridades do ben, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, dependente organicamente da Consellería da Presidencia e Administración Pública, a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun local sito no baixo da rúa dos Feáns, 7-C, máis un garaxe no soto terceiro, en Santiago de Compostela, para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1998.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

7828