Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble na rúa San Lázaro, 83, de Santiago de Compostela, para destinalo a dependencias da Comunidade Autónoma.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 55 do seu regulamento, e polas competencias que teño atribuídas de conformidade co Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razóns das peculiaridades do ben, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Medio Ambiente, a utilización do procedemento de contratación directa para o alugueiro dun inmoble situado na rúa San Lázaro, s/n, hoxe nº 83, de Santiago de Compostela, para destinalo a dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

7870