Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación dunha asistencia técnica de aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos, por concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 16/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnica de aplicacións informáticas con destino ó centro de proceso de datos.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación.

DOG nº 95 do 20 de maio de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: setenta e catro millóns cincocentas mil pesetas (74.500.000), IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 8 de xullo de 1998.

b) Contratista: Data General, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: setenta e catro millóns catrocentas oitenta mil pesetas (74.480.000), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1998

P.D. (Orde do 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

7363