Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.793

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, do departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática, a Fernando Antonio Vázquez Núñez (praza 85/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 5 de setembro de 1997 (BOE do 24), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, do departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática, a prol de Fernando Antonio Vázquez Núñez, con documento nacional de identidade número 32.789.896, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando Antonio Vázquez Núñez profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, do departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes,

contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 5 de agosto de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

7731