Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 30 de xullo de 1998, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de imposición de sancións pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Arousa Crisis, S.L. e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de imposición de sancións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e son emprazados os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio en rúa Michelena, 30 Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 30 de xullo de 1998.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Arousa Crisis, S.L.

CIF: B36.211.852

San Roque, 12-1, Vilagarcía de Arousa

Expediente sancionador nº T-4327/96

Coma Repes, Carmen E.

DNI: 35.834.922

Marqués de Valladares, 19-5, Vigo

Expediente sancionador nº S-840/96

Fernández Pousada, Manuel

DNI: 35.248.556

Arís. San Juan, 14, Poio

Expediente sancionador nº S-14/96

Moldes Freijeiro, Policarpo

DNI: 35.240.805

Avd. Florida, 40-6 C, Vigo

Expediente sancionador nº S-468/96

Subildi, S.L.

CIF: B36.118.065

Eduardo Pondal, 37-baixo, Pontevedra

Expediente sancionador nº T-3989/96

Vilaboa Ramos, José Mª

DNI: 35.292.862

Calvo Sotelo, 108-2 A, Marín

Expediente sancionador nº S-173/96

7598