Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1998, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación de subministración do equipamento para diversos centros de saúde (SCC-04/98).

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Subministración de equipamento para diversos centros de saúde.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCC.-04/98.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento e aparellos para diversos centros de saúde.

c) Lote: catro lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 73, do 17 de abril de 1998 e BOE nº 84, do 8 de abril de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento corenta e sete millóns cincocentas tres mil duascentas pesetas, IVE incluído (147.503.200 pesetas, IVE incluído).

Lote nº 1: 45.600.200 pesetas.

Lote nº 2: 30.713.000 pesetas.

Lote nº 3: 32.089.500 pesetas.

Lote nº 4: 39.100.500 pesetas.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: moblaxe xeral.

a) Data: 9 de xullo de 1998.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta e tres millóns novecentas sesenta e unha mil catrocentas noventa e oito pesetas, IVE incluído (33.961.498 pesetas, IVE incluído).

Lote nº 2: cadeiras.

a) Data: 9 de xullo de 1998.

b) Contratista: Sutega, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinte e dous millóns

pesetas, IVE incluído (22.414.257 pesetas, IVE incluído).

Lote nº 3: moblaxe clínica.

a) Data: 9 de xullo de 1998.

b) Contratista: Keiner, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintetrés millóns duascentas sesenta e cinco mil cincocentas trinta e catro pesetas, IVE incluído (23.265.534 pesetas, IVE incluído).

Lote nº 4: aparellos.

a) Data: 9 de xullo de 1998.

b) Contratista: Blanca Alonso Pizzi.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintecatro millóns trescentas doce mil seiscentas cincuenta e dúas pesetas, IVE incluído (24.312.652 pesetas, IVE incluído).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución lle pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1998.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos

7540