Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1998 pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa na Illa de Arousa, para a construcción dun porto deportivo.

Víctor Casa Ponce, en nome e representación da Sociedade Mercantil Petrogalicia, S.L. solicita concesión administrativa para a construcción dun porto deportivo na Illa de Arousa, conforme o proxecto e estudio de impacto ambiental subscrito polo enxeñeiro de camiños, canles e portos José P. Gosende Tuñas.

O que se somete a información pública, en cumprimento do disposto na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante; na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas, para o que disporán dun prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio. As mencionadas reclamacións poderán presentalas nas oficinas centrais deste ente público, situadas na Praza de Europa, 5A, 6º (Área Central) 15707 Santiago de Compostela, onde así mesmo poderán examina-la documentación correspondente.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1998.

Manuel García Blanco

Xefe da Área de Planificación e Explotación

7539