En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial foron depositados ás 13 horas do día 29 de xullo de 1998 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes Gaiteira Fátima, que teñen os seguintes ámbitos:
Territorial: local (A Coruña).
Profesional: tódolos empresarios que voluntariamente solicitasen a súa afiliación.
Asinan a acta de constitución: Manuel Touza Toja e nove persoas máis.
Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.
A Coruña, 29 de xullo de 1998.
María Reyes Carabel Pedreira
Delegada provincial da Coruña
7703