Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación dunha subministración polo trámite de urxencia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: subministración e instalación de cámaras frigoríficas con destino a instalacións de servicios do porto pesqueiro de Ribeira (CO).

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de entrega: porto pesqueiro de Ribeira (CO).

Prazo de entrega: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato ata o 30 de decembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e oito millóns oitocentas nove mil novecentas cincuenta e sete pesetas (38.809.957 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: setecentas setenta e seis mil cento noventa e nove pesetas (776.199 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; Teléf. 981 54 63 04, fax nº 981 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce horas (14) do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios

administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: non.

8. Apertura das ofertas.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 9 horas do día no que se cumpran cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, realizarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 1998.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras

e Mercados

7639