Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/143-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Gombra-Tremoedo.

Situación: Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 210 m de lonxitude, desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. de Ponte Arnelas, rematando no C.T. que se proxecta no grupo escolar en Gombra-Tremoedo, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380-220 V. R.B.T. aéreo-subterránea, de 145 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 25 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 23 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7190