Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 45, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e reforma C.T. Figueiras e C.T. Carregal-Canido.
Situación: Nigrán.
Descricións técnicas: L.M.T., subterráena, a 20 kV, de 990 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente de Carregal-Canido rematando no C.T. existente de Figueiras, concello de Nigrán. Reforma C.T. Figueiras cun conxunto de celas compactas tipo 2L+P. Reforma C.T. Carregal-Canido cunha cela de liña tipo modular con corte en SF6.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 23 de xuño de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
7182