Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 25 de agosto de 1998 Páx. 9.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ENTRIMO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1998 pola que se anuncia a contratación da pavimentación do camiño Olelas-Barcia, por procedemento aberto e concurso.

De conformidade co disposto nos artigos 72 e 79 da LCAP anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudica-la obra de pavimentación do camiño Olelas-Barcia, incluída nos plans provinciais de 1998, conforme o seguinte contido:

I. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de pavimentación do camiño Olelas-Barcia.

II. Duración do contrato: catro meses.

III. Tipo de licitación: 11.500.000 pesetas.

IV. Pago: o pago do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento en vigor.

V. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais.

VI. Garantía provisional: será do 2 por 100 do tipo de licitación.

VII. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os catro primeiros días

hábiles, seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

VIII. Garantía definitiva: o 4 por 100 do orzamento.

IX. Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación.

X. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do 2º día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

XI. Modelo de proposición: o recollido na cláusula XXIII do prego de cláusulas.

Entrimo, 18 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7278