Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/110-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Abanqueiro.

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380-220 V, sobre apoios de formigón (11) e conductor R.Z., de 980 m de lonxitude, con orixe no C.T. Abanqueiro e conectada á rede existente. Rede subterránea de baixa tensión, a 380-220 V, baixo tubo e con conductor R.V. 0,6/1 V de 4(1 a 240) mmAl, de 230 m de lonxitude, con orixe no C.T. Exipto e conectada á rede existente. Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7109